Situación prevista polo modelo GFS para o Sábado 2 de Maio.
Estamos ás portas de entrar en Maio, e a situación en Galicia non semella moi propia da época na que estamos. Xa hai uns días unha borrasca pasou moi preto da comunidade e deixou unha fin de semana moi inestable con chuvia abondosa e mesmo tamén algunha treboada durante a xornada do Domingo, Martes e Mércores tivemos días de tregua, de transición, días intermedios entre a borrasca da fin de semana e a situación inestable que estará con nós durante toda a ponte, xa de feito hoxe Xoves temos unha xornada chuviosa, sobre todo na metade oeste de Galicia.

