viernes, 27 de noviembre de 2015

FIN DE SEMANA CON AMBIENTE FRÍO E UNHA OLLADA A LONGO PRAZO

Imaxe infravermella con isobaras, tomada ás 9:00 de hoxe Venres
 
Como xa viña avanzando en Twitter e en Facebook, esta semana esta sendo Anticiclónica, pero con matices. Por unha banda, o fluxo de compoñente Norte está deixando temperaturas bastante á raia, xa máis propias da época do ano da que nos encontramos, aínda que as mínimas, por agora, non son moi baixas na meirade parte da comunidade Galega, xa que o ceo encóntrase con bastante nebulosidade.

jueves, 19 de noviembre de 2015

UNHA MASA DE AIRE FRÍO CHEGARÁ Á PENÍNSULA ESTA FIN DE SEMANA


Practicamente dende comezos de Novembro estamos tendo, en gran parte do continente Europeo -incluída a Península Ibérica- temperaturas moi por riba do que vén sendo normal para esta época do ano, anomalías que veñen provocadas polo réxime de circulación de zonal alta que estamos a ter, con un Anticiclón ben asentado nas nosas latitudes, e circulación de borrascas por latitudes máis altas, o que vén sendo unha situación de NAO positiva, tal e como explicamos neste artículo fai dúas semanas.

jueves, 5 de noviembre de 2015

TENDENCIA ESTABLE A MEDIO PRAZO

Situación prevista para o Martes 11 de Novembro

Mentras redacto este artículo, na rúa chove de xeito moderado e persistente. Esta é a tónica que estamos a ter en Galicia este Xoves, situación de ventos do Suroeste que proporcionan precipitacións moi abundantes á metade oeste da comunidade. Ata as 17:30 desta tarde acumuláronse  78,2 l/m2 en Cespón (A Coruña) e ata 73,6 l/m2 en Fornelos de Montes (Pontevedra), acumulados que non están nada mal, pero non é nada fora do normal en Galicia.

viernes, 30 de octubre de 2015

PONTE DE NOVEMBRO CON TEMPO VARIABLE

Imaxe de satélite meteosat sacada esta mesma tarde, cunha fronte achegándose a Galicia dende o Atlántico

Vimos xa de varios días nos que a situación atmosférica estivo marcada pola inestabilidade, con precipitacións abundantes durante as xornadas do Martes, Mércores e Xoves, cando se recolleron acumulados moi destacados de auga en menos de 24 horas en moitos puntos de Galicia, como é o caso de Santa Comba (A Coruña), onde onte Xoves se recolleron 86 l/m2, precipitacións moi abundantes que viñeron acompañadas dun rio de humidade subtropical, o que propiciou que se recolleran grandes cantidades de auga no oeste da comunidade, unha situación típica en Galicia, nada fora do normal.

viernes, 9 de octubre de 2015

PONTE DO PILAR PASADA POR AUGA EN GALICIA

Imaxe de satélite visible, 9:00 da mañá deste Venres.

Tras unha semana na que tivemos de todo, semana que comezamos cun intenso temporal de chuvia e vento que deixou refachos amplamente superiores aos 100 km/h en zonas do litoral e tamén na alta montaña, moito vento que veu acompañado con chuvias torrenciais durante a xornada do Luns, xa que as precipitacións deixaron moita auga en pouco tempo, como é o caso de Santiago de Compostela, onde en tan só nunha hora se recolleron 35 l/m2, o que ocasionou diversos problemas en forma de inundacións en pleno centro da cidade, ¡esa intensidade de chuvia era para emitir un aviso laranxa! Pero non foi así.

viernes, 2 de octubre de 2015

O OUTONO VOLVE ESTA FIN DE SEMANA


Tras varios días de situación plenamente Anticiclónica, con sol na maior parte de Galicia e mesmo con calor no sur da comunidade, temperaturas que superaron os 30ºC na conca do Miño, temos que volver a falar de chuvias a partir deste Domingo grazas a unha rexión de baixas presións que se instaurará no Atlántico e que inestabilizará moito o tempo na nosa comunidade.

viernes, 11 de septiembre de 2015

EN PROCESO UN TREN DE FRONTES ATLÁNTICAS


Estamos a Venres 11 de Setembro, un mes no que, como xa comentamos no anterior post, o Outono comeza a mostrar a súa cara en forma das primeiras frontes de entidade da temporada. Aínda que esta semana está a ser bastante estable (a excepción do pasado Mércores, cando se produciron chuvias febles que acumularon moi pouca auga), o certo é que practicamente non choveu nada dende que comezou Setembro, e todo indica que o que non choveu ata agora podeo facer nos vindeiros 7 días.