viernes, 26 de junio de 2015
FIN DE SEMANA DE SOL E CALOR NO SUR. VISTAZO AO TEMPO DA SEMANA QUE VÉN.
Boas tardes.
Nesta tarde deste Venres 26 de Xullo estamos a ter unha xornada de bo tempo pero con temperaturas aínda bastante contidas no litoral Atlántico por mor do vento do oeste, o cal arrastra néboas e nubes baixas que manteñen a raia as temperaturas. Por contra, no interior da comunidade, en zonas como Ourense xa superan os 30ºC.
Etiquetas:
2015,
Calor,
CORUÑA,
Galicia,
LUGO,
NEBOAS,
O TEMPO,
OURENSE,
PONTEVEDRA,
RIAS BAIXAS,
Sol,
SOLLEIRO,
Temperaturas,
VERÁN
jueves, 30 de abril de 2015
DETALLES DA SITUACIÓN METEOROLÓXICA NA PONTE DE MAIO
Situación prevista polo modelo GFS para o Sábado 2 de Maio.
Estamos ás portas de entrar en Maio, e a situación en Galicia non semella moi propia da época na que estamos. Xa hai uns días unha borrasca pasou moi preto da comunidade e deixou unha fin de semana moi inestable con chuvia abondosa e mesmo tamén algunha treboada durante a xornada do Domingo, Martes e Mércores tivemos días de tregua, de transición, días intermedios entre a borrasca da fin de semana e a situación inestable que estará con nós durante toda a ponte, xa de feito hoxe Xoves temos unha xornada chuviosa, sobre todo na metade oeste de Galicia.
viernes, 24 de abril de 2015
FIN DE SEMANA INESTABLE EN GALICIA
Son as 19:45 desta tarde de Venres 24 de Abril, a estas horas, chove (non con moita intensidade, iso si) en boa parte de Galicia, precipitacións que, de momento, non están a deixar acumulados moi abondosos, de feito a cantidade máxima recollida ata agora na comunidade son os 9,9 l/m2 rexistrados en Mos (Pontevedra), chuvias que veñen provocadas pola borrasca que vedes na imaxe de sateĺite visible que encabeza este artículo, borrasca que se vai ir achegando e que deixará unha fin de semana pasada por auga en Galicia.
domingo, 29 de marzo de 2015
O TEMPO NA SEMANA SANTA EN GALICIA
Esta fin de semana estivo marcada polas nubes, que foron especialmente abundantes na metade oeste onde, de vez en cando, caen algunhas chuviscadas, pero moi pouca cousa en xeral. Como exemplo, a pasada madrugada unha fronte moi desfeita atravesou Galicia, e deixou, ao seu paso, acumulados moi discretos, sirven de exemplo os 5,1 l/m2 acumulados no Monte Xesteiras (Cuntis-Pontevedra), que foi a maior cantidade de precipitación acumulada na comunidade Galega. Nas provincias de Lugo e Ourense, con esta situación de ventos do Oeste, dominaron os claros e con bastante sol, sobre todo polas tardes.
viernes, 6 de marzo de 2015
FIN DE SEMANA PRIMAVERAL EN GALICIA
Tras varios días de chuvia dende o pasado Sábado, o Mércores volvimos a recuperar a influencia Anticiclónica en Galicia, pero non só a nosa comunidade se ve afectada polas altas presións, como vedes na imaxe visible de satélite, tomada esta tarde de Venres, o Suroeste de Europa está completamente limpo de nubes.
viernes, 13 de febrero de 2015
PREVISIÓN PARA O ENTROIDO 2015 EN GALICIA
Imaxe infravermella con isobaras do Venres ás 18:00
Tras varios días con tempo anticiclónico, onte Xoves volvimos a estar influenciados polas baixas presións que, circulando por latitudes moito máis altas ca Galicia, aféctannos en forma de frontes que por agora non son moi activas en canto á cantidade de precipitación que están a deixar, un bo exemplo son os rexistros de precipitación máximos que deixou a fronte que afectou a Galicia hoxe Venres, destacando os 24,6 l/m2 en Muralla (Lousame-A Coruña), 21,9 l/m2 no Monte Xesteiras (Cuntis-Pontevedra) e 17,2 l/m2 en Pereira (Forcarei-Pontevedra). Como vedes, non son rexistros moi salientables.
lunes, 5 de enero de 2015
PREVISIÓN METEOROLÓXICA. CABALGATAS E DÍA DE REIS EN GALICIA.
Imaxe de satélite infraroja + isobaras (mañá de hoxe Luns día 5 de Xaneiro)
Ola. Comezamos este 2015 sumidos nun gran anticiclón que nos leva acompañando varias semanas, e así parece que continuaremos durante, alo menos, 15 días. Pero, nestes 15 días haberá "paréntesis" nos que algunha cola dunha fronte asociada ás baixas presións que circulan por latitudes moito máis altas nos poderá afectar, deixando algunha chuvia, non moi importante, iso sí.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






