jueves, 31 de diciembre de 2015
SUCESIÓN DE FRONTES PARA COMEZAR 2016
Aínda que en gran parte da Península Ibérica este Decembro case non viron caer auga, o certo é que en Galicia, e especialmente na metade oeste dende fai varios días estamos vivindo o paso de varias frontes con temporais asociados que deixaron bastantes incidencias, como é o caso de onte día 30 cando se rexistraron máis de 200 incidencias ao longo da nosa comunidade, a gran maioría nas provincias Atlánticas, como é normal nestos episodios.
Tamén se marcaron rexistros importantes, tanto de auga, onde destacan os 60 mm de Fontecada (Coruña), como de vento, onde a alta Montaña de Ourense lévase a palma cun impresionante refacho de ¡166 km/h! rexistrado en Lardeira. Tamén destacar os 152 km/h medidos en Vimianzo (Coruña).
Nesta xornada de fin de ano estamos a vivir unha xornada típica post frontal, con ceos anubrados e chuvias que son máis intensas e frecuentes nas provincias Atlánticas, pero que non destacan nin pola súa intensidade nin por deixar bos acumulados, ademáis, a Noitevella será seca en boa parte da comunidade Galega, con bastantes nubes iso si, e con posibilidade dalgún chuvasco no extremo máis oeste da comunidade, en concreto do Suroeste da provincia de Coruña, teríamos as primeiras precipitacións do 2016.
viernes, 27 de noviembre de 2015
FIN DE SEMANA CON AMBIENTE FRÍO E UNHA OLLADA A LONGO PRAZO
Imaxe infravermella con isobaras, tomada ás 9:00 de hoxe Venres
jueves, 19 de noviembre de 2015
UNHA MASA DE AIRE FRÍO CHEGARÁ Á PENÍNSULA ESTA FIN DE SEMANA

Practicamente dende comezos de Novembro estamos tendo, en gran parte do continente Europeo -incluída a Península Ibérica- temperaturas moi por riba do que vén sendo normal para esta época do ano, anomalías que veñen provocadas polo réxime de circulación de zonal alta que estamos a ter, con un Anticiclón ben asentado nas nosas latitudes, e circulación de borrascas por latitudes máis altas, o que vén sendo unha situación de NAO positiva, tal e como explicamos neste artículo fai dúas semanas.
jueves, 5 de noviembre de 2015
TENDENCIA ESTABLE A MEDIO PRAZO
Situación prevista para o Martes 11 de Novembro
Mentras redacto este artículo, na rúa chove de xeito moderado e persistente. Esta é a tónica que estamos a ter en Galicia este Xoves, situación de ventos do Suroeste que proporcionan precipitacións moi abundantes á metade oeste da comunidade. Ata as 17:30 desta tarde acumuláronse 78,2 l/m2 en Cespón (A Coruña) e ata 73,6 l/m2 en Fornelos de Montes (Pontevedra), acumulados que non están nada mal, pero non é nada fora do normal en Galicia.
Etiquetas:
2015,
Altas Presións,
Anticiclón,
baixas presións,
Borrascas,
España,
Galicia,
índice AO,
índice NAO,
Novembro,
Noviembre,
Península Ibérica
viernes, 30 de octubre de 2015
PONTE DE NOVEMBRO CON TEMPO VARIABLE
Imaxe de satélite meteosat sacada esta mesma tarde, cunha fronte achegándose a Galicia dende o Atlántico
Vimos xa de varios días nos que a situación atmosférica estivo marcada pola inestabilidade, con precipitacións abundantes durante as xornadas do Martes, Mércores e Xoves, cando se recolleron acumulados moi destacados de auga en menos de 24 horas en moitos puntos de Galicia, como é o caso de Santa Comba (A Coruña), onde onte Xoves se recolleron 86 l/m2, precipitacións moi abundantes que viñeron acompañadas dun rio de humidade subtropical, o que propiciou que se recolleran grandes cantidades de auga no oeste da comunidade, unha situación típica en Galicia, nada fora do normal.
viernes, 9 de octubre de 2015
PONTE DO PILAR PASADA POR AUGA EN GALICIA
Imaxe de satélite visible, 9:00 da mañá deste Venres.
Tras unha semana na que tivemos de todo, semana que comezamos cun intenso temporal de chuvia e vento que deixou refachos amplamente superiores aos 100 km/h en zonas do litoral e tamén na alta montaña, moito vento que veu acompañado con chuvias torrenciais durante a xornada do Luns, xa que as precipitacións deixaron moita auga en pouco tempo, como é o caso de Santiago de Compostela, onde en tan só nunha hora se recolleron 35 l/m2, o que ocasionou diversos problemas en forma de inundacións en pleno centro da cidade, ¡esa intensidade de chuvia era para emitir un aviso laranxa! Pero non foi así.
viernes, 2 de octubre de 2015
O OUTONO VOLVE ESTA FIN DE SEMANA
Tras varios días de situación plenamente Anticiclónica, con sol na maior parte de Galicia e mesmo con calor no sur da comunidade, temperaturas que superaron os 30ºC na conca do Miño, temos que volver a falar de chuvias a partir deste Domingo grazas a unha rexión de baixas presións que se instaurará no Atlántico e que inestabilizará moito o tempo na nosa comunidade.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





