Mostrando entradas con la etiqueta temporal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta temporal. Mostrar todas las entradas

miércoles, 1 de febrero de 2017

SUCESIVAS BORRASCAS AFECTARÁN A GALICIA A PARTIR DO XOVES

 Imaxe de satélite infravermella desta mañá de Mércores 1 de Febreiro.

Tras un longo período con escasas precipitacións, no que predominou o tempo seco, con moi poucas nubes, e con xeadas que neste Xaneiro que vimos de rematar foron noticia en moitos puntos do interior Galego, chegando a marcar case -15ºC en Calvos de Randín (Ourense), semella que o anticiclón que nos veu garantizando tempo seco durante todo este tempo, perde forza e se retira cara o sur, permitindo que as borrascas e as súas frontes asociadas teñan vía libre para afectarnos de cheo, tanto a Galicia como a gran parte da Península Ibérica.

viernes, 18 de noviembre de 2016

DÚAS BORRASCAS AFECTARÁN A GALICIA ESTA FIN DE SEMANA


Imaxe de meteosat infravermella+presión en superficie. Mostrando a borrasca de mañá Sábado ao sur de Groelandia e que se irá achegando a Galicia .

Tal e como viñamos seguindo estos días na nosa conta de Twitter e en Facebook, confírmanse esos cambios para esta fin de semana. E é que dúas borrascas afectarán a Galicia, asociadas a unha vaguada, e que deixarán días típicos da época na que estamos, con xornadas de vento, chuvias, frío.. un pouco de todo, o que vai tocando en Novembro.

sábado, 9 de abril de 2016

UNHA BORRASCA DEIXARÁ CHUVIAS INTENSAS A PARTIR DO DOMINGO


Como xa viñamos seguindo en Facebook e en Twitter, Abril iba comezar con inestabilidade atmosférica na nosa comunidade e tamén na Península, e así está sendo. Tras uns días sen chuvias en Galicia, a partir de mañá Domingo estaremos influenciados por unha gran zona de baixas presións que se situará entre as Illas Británicas e o noroeste da Península Ibérica, e quedará estancada nesa zona durante varios días, mandando diversas frontes que deixarán chuvias intensas, vento, treboadas, sarabiadas..

viernes, 21 de agosto de 2015

FIN DE SEMANA INESTABLE: CHUVIA E VENTO

Imaxe de satélite das 12:00 de hoxe Venres. Situación Anticiclónica.

Estos últimos días estamos a vivir unha situación Anticiclónica típica do que corresponde a estas datas de Agosto, con moito sol, e con calor que se nota especialmente no sur de Galicia, onde os valores sobrepasan ampliamente os 30ºC en moitos puntos, altas temperaturas que teñen especial incidencia, coma sempre, na Conca do Río Miño, sobretodo ao seu paso pola provincia de Ourense, onde os valores, onte Mércores, chegaron a marcar valores próximos aos 40ºC, como é o caso de Remuiño (Ourense), con 38,7ºC de temperatura máxima, ou a propia cidade de Ourense, con 38,4ºC. Valores térmicos altos, pero nada fora do normal nesta época do ano.