viernes, 21 de agosto de 2015

FIN DE SEMANA INESTABLE: CHUVIA E VENTO

Imaxe de satélite das 12:00 de hoxe Venres. Situación Anticiclónica.

Estos últimos días estamos a vivir unha situación Anticiclónica típica do que corresponde a estas datas de Agosto, con moito sol, e con calor que se nota especialmente no sur de Galicia, onde os valores sobrepasan ampliamente os 30ºC en moitos puntos, altas temperaturas que teñen especial incidencia, coma sempre, na Conca do Río Miño, sobretodo ao seu paso pola provincia de Ourense, onde os valores, onte Mércores, chegaron a marcar valores próximos aos 40ºC, como é o caso de Remuiño (Ourense), con 38,7ºC de temperatura máxima, ou a propia cidade de Ourense, con 38,4ºC. Valores térmicos altos, pero nada fora do normal nesta época do ano.

domingo, 12 de julio de 2015

TEMPO DE VERÁN NOS VINDEIROS DÍAS

Situación prevista para o Luns a unha altitude de 1500 metros

Estamos comezando outro periodo anticiclónico, de feito, hoxe Domingo xa superamos os 30ºC en moitos puntos do interior da comunidade Galega, valores que irán en aumento nos próximos días, sobre todo polo sur, onde, para mañá Luns, xa temos un aviso amarelo por temperaturas máximas de ata 36ºC. Onde? Onde sempre, no Miño Ourensán!

viernes, 3 de julio de 2015

FIN DE SEMANA CON ALGÚNS CAMBIOS

Imaxe de satélite visible

Ola. Estamos a comezar este Venres 3 de Xullo con moita nube alta, non ten moita importancia xa que non deixa chuvias, pero si que anuncia cambios que chegarán contra a tarde deste Venres. E é que como vedes na imaxe de satélite que encabeza este artículo, unha fronte fría que está no Atlántico disporase a entrar na nosa comunidade contra esta tarde, non deixará chuvias de importancia, pero mollará, que boa falta lle fai aos nosos campos

viernes, 26 de junio de 2015

FIN DE SEMANA DE SOL E CALOR NO SUR. VISTAZO AO TEMPO DA SEMANA QUE VÉN.


Boas tardes.

Nesta tarde deste Venres 26 de Xullo estamos a ter unha xornada de bo tempo pero con temperaturas aínda bastante contidas no litoral Atlántico por mor do vento do oeste, o cal arrastra néboas e nubes baixas que manteñen a raia as temperaturas. Por contra, no interior da comunidade, en zonas como Ourense xa superan os 30ºC.

jueves, 30 de abril de 2015

DETALLES DA SITUACIÓN METEOROLÓXICA NA PONTE DE MAIO

Situación prevista polo modelo GFS para o Sábado 2 de Maio.

Estamos ás portas de entrar en Maio, e a situación en Galicia non semella moi propia da época na que estamos. Xa hai uns días unha borrasca pasou moi preto da comunidade e deixou unha fin de semana moi inestable con chuvia abondosa e mesmo tamén algunha treboada durante a xornada do Domingo, Martes e Mércores tivemos días de tregua, de transición, días intermedios entre a borrasca da fin de semana e a situación inestable que estará con nós durante toda a ponte, xa de feito hoxe Xoves temos unha xornada chuviosa, sobre todo na metade oeste de Galicia.

viernes, 24 de abril de 2015

FIN DE SEMANA INESTABLE EN GALICIA


Son as 19:45 desta tarde de Venres 24 de Abril, a estas horas, chove (non con moita intensidade, iso si) en boa parte de Galicia, precipitacións que, de momento, non están a deixar acumulados moi abondosos, de feito a cantidade máxima recollida ata agora na comunidade son os 9,9 l/m2 rexistrados en Mos (Pontevedra), chuvias que veñen provocadas pola borrasca que vedes na imaxe de sateĺite visible que encabeza este artículo, borrasca que se vai ir achegando e que deixará unha fin de semana pasada por auga en Galicia.