viernes, 2 de octubre de 2015
O OUTONO VOLVE ESTA FIN DE SEMANA
Tras varios días de situación plenamente Anticiclónica, con sol na maior parte de Galicia e mesmo con calor no sur da comunidade, temperaturas que superaron os 30ºC na conca do Miño, temos que volver a falar de chuvias a partir deste Domingo grazas a unha rexión de baixas presións que se instaurará no Atlántico e que inestabilizará moito o tempo na nosa comunidade.
viernes, 11 de septiembre de 2015
EN PROCESO UN TREN DE FRONTES ATLÁNTICAS
Estamos a Venres 11 de Setembro, un mes no que, como xa comentamos no anterior post, o Outono comeza a mostrar a súa cara en forma das primeiras frontes de entidade da temporada. Aínda que esta semana está a ser bastante estable (a excepción do pasado Mércores, cando se produciron chuvias febles que acumularon moi pouca auga), o certo é que practicamente non choveu nada dende que comezou Setembro, e todo indica que o que non choveu ata agora podeo facer nos vindeiros 7 días.
Etiquetas:
2015,
Borrascas,
España,
Galicia,
Lluvia,
meteorlogia,
meteoroloxía,
Otoño,
outono,
Redmeteo,
spain,
Suroeste,
weather
lunes, 31 de agosto de 2015
COMO SERÁ SETEMBRO?
Imos comezar o mes no que o Verán vai indo a menos e o tempo variable, con grandes cambios en pouco tempo son os protagonistas, comeza a haber grandes contrastes de temperaturas que provocan situacións de inestabilidade atmosférica moi acusada, en especial no Mediterráneo, por alí, semella que este mes vai ser moi movido en canto a tormentas, xa que o mar está moi quente tras un verán moi cálido por esa zona.
O Outono meteorolóxico comeza o 1 de Setembro, pero isto non significa que non poidan vir episodios de temperaturas altas con bastante calor, aínda que cada vez esta calor irase notando menos, días máis curtos, noites cada vez máis longas... Tamén é neste mes ou a principios de Outubro cando Galicia recibe o primeiro temporal serio da temporada, aínda que hai que recordar que o pasado Domingo tivemos a visita dunha borrasca que non estivo nada mal para a época e que deixou fortes ventos e acumulados de chuvia bastante destacados.
viernes, 21 de agosto de 2015
FIN DE SEMANA INESTABLE: CHUVIA E VENTO
Imaxe de satélite das 12:00 de hoxe Venres. Situación Anticiclónica.
Estos últimos días estamos a vivir unha situación Anticiclónica típica do que corresponde a estas datas de Agosto, con moito sol, e con calor que se nota especialmente no sur de Galicia, onde os valores sobrepasan ampliamente os 30ºC en moitos puntos, altas temperaturas que teñen especial incidencia, coma sempre, na Conca do Río Miño, sobretodo ao seu paso pola provincia de Ourense, onde os valores, onte Mércores, chegaron a marcar valores próximos aos 40ºC, como é o caso de Remuiño (Ourense), con 38,7ºC de temperatura máxima, ou a propia cidade de Ourense, con 38,4ºC. Valores térmicos altos, pero nada fora do normal nesta época do ano.
Etiquetas:
2015,
agosto,
Borrascas,
chuvia,
Fresco,
frio,
Galicia,
galifornia,
outono,
situación de inestabilidade,
Temperaturas,
temporal,
Vento
jueves, 23 de julio de 2015
UNHA FRONTE VISITARÁ A COMUNIDADE NA VÉSPERA DO DÍA DE GALICIA
Etiquetas:
2015,
Apóstolo,
Apóstolo Santiago,
Calor,
Chuvias,
descenso das temperaturas,
fronte,
Galicia,
galifornia,
meteoroloxía,
Santiago,
Temperaturas,
VERÁN,
Verano,
Xullo
domingo, 12 de julio de 2015
TEMPO DE VERÁN NOS VINDEIROS DÍAS
Situación prevista para o Luns a unha altitude de 1500 metros
Estamos comezando outro periodo anticiclónico, de feito, hoxe Domingo xa superamos os 30ºC en moitos puntos do interior da comunidade Galega, valores que irán en aumento nos próximos días, sobre todo polo sur, onde, para mañá Luns, xa temos un aviso amarelo por temperaturas máximas de ata 36ºC. Onde? Onde sempre, no Miño Ourensán!
viernes, 3 de julio de 2015
FIN DE SEMANA CON ALGÚNS CAMBIOS
Imaxe de satélite visible
Ola. Estamos a comezar este Venres 3 de Xullo con moita nube alta, non ten moita importancia xa que non deixa chuvias, pero si que anuncia cambios que chegarán contra a tarde deste Venres. E é que como vedes na imaxe de satélite que encabeza este artículo, unha fronte fría que está no Atlántico disporase a entrar na nosa comunidade contra esta tarde, non deixará chuvias de importancia, pero mollará, que boa falta lle fai aos nosos campos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





