lunes, 13 de junio de 2016

VINDEIROS DÍAS: CHUVIAS E TEMPO MÁIS FRESCO


Imaxe de satélite visible. 9:00 do Luns 13 de Xuño 2016

Estamos a mediados de Xuño e por agora a calor e o tempo Anticiclónico continúan sen instalarse na contorna da Península Ibérica, se ben é certo que, especialmente o Sur e Leste do País xa sufriron o primeiro embite de calor "serio" con temperaturas que chegaron a marcar 40ºC en puntos do interior de Andalucía.

miércoles, 1 de junio de 2016

COMEZA XUÑO, CÓMO SERÁ?



Comezamos Xuño, un mes que, meteorolóxicamente falando, xa se considera como de Verán, aínda que recordemos que o Verán astronómico non comezará ata o vindeiro día 21. Mes que xa se caracteriza polo afianzamento das altas presións sobre a nosa contorna, con ascensos máis pronunciados e frecuentes de masas de aire cálido dende o Norte de África, aínda sigue habendo a posibilidade de que chegue algunha borrasca, xa menos profunda, que deixe chuvias na franxa Atlántica e treboadas xeneralizadas en gran parte da Península, pero en xeral xa é un mes de Verán.

domingo, 1 de mayo de 2016

MAIO COMEZA CON ASCENSO DAS TEMPERATURAS


Rematamos Abril con estabilidade atmosférica, poucas nubes e con vento do norte bastante intenso, o que fixo que as temperaturas fosen bastante frescas, sensación de fresco que se viu acentuada polos refachos intensos do Norte que sopraron durante a xornada de onte Sábado.

sábado, 9 de abril de 2016

UNHA BORRASCA DEIXARÁ CHUVIAS INTENSAS A PARTIR DO DOMINGO


Como xa viñamos seguindo en Facebook e en Twitter, Abril iba comezar con inestabilidade atmosférica na nosa comunidade e tamén na Península, e así está sendo. Tras uns días sen chuvias en Galicia, a partir de mañá Domingo estaremos influenciados por unha gran zona de baixas presións que se situará entre as Illas Británicas e o noroeste da Península Ibérica, e quedará estancada nesa zona durante varios días, mandando diversas frontes que deixarán chuvias intensas, vento, treboadas, sarabiadas..

viernes, 18 de marzo de 2016

COMEZO DA SEMANA SANTA INESTABLE


Tal e como vimos avanzando na nosa páxina de Facebook e Twitter durante toda esta semana, agora mesmo temos un Anticiclón en latitudes altas, un lugar que non é moi habitual para as altas presións e, polo tanto, o oco que deixan as altas presións ocúpanas as baixas presións polo seu flanco sur, afectando á Península e deixando un tempo máis fresco e inestable.

viernes, 11 de marzo de 2016

TEMOS POR DIANTE UNHA FIN DE SEMANA DE SOL


Xornadas frías as que estamos tendo, pero con precipitacións que máis ben son escasas, en forma de chuvasco e que foron máis probables na metade norte de Galicia. Pouco a pouco as altas presións vanse ir movendo pola nosa contorna, influenciándonos e deixando tempo estable, seco e con ascenso das temperaturas máximas, aínda que as noites van seguir sendo frías.

martes, 1 de marzo de 2016

¿CÓMO SERÁ MARZO?


Rematamos un Febreiro que se caracterizou por ter un pouco de todo en canto ao tempo en Galicia. A mediados de mes estivemos afectados polas baixas presións que deixaron un temporal de chuvias moi intenso con acumulados destacables en gran parte da comunidade, incluso superándose algún día puntual os 160 mm en bastantes puntos, o que deu lugar a que moitos ríos non puideran máis e se desbordasen, causando bastantes problemas.