viernes, 10 de febrero de 2017

FIN DE SEMANA CON TEMPO MOI VARIABLE


Xusto fai unha semana, o tempo era mi distinto ao que estamos tendo hoxe Venres, aínda que teñamos inestabilidade. Fai 7 días estabamos baixo a influencia de duros temporais que deixaron refachos de vento moi intensos, tanto en mar coma en terra, acadando rexistros moi altos en zonas onde non é habitual, por exemplo, destacamos os 100 km/h medidos na estación que MeteoGalicia ten na cidade de Pontevedra, en Campolongo.

miércoles, 1 de febrero de 2017

SUCESIVAS BORRASCAS AFECTARÁN A GALICIA A PARTIR DO XOVES

 Imaxe de satélite infravermella desta mañá de Mércores 1 de Febreiro.

Tras un longo período con escasas precipitacións, no que predominou o tempo seco, con moi poucas nubes, e con xeadas que neste Xaneiro que vimos de rematar foron noticia en moitos puntos do interior Galego, chegando a marcar case -15ºC en Calvos de Randín (Ourense), semella que o anticiclón que nos veu garantizando tempo seco durante todo este tempo, perde forza e se retira cara o sur, permitindo que as borrascas e as súas frontes asociadas teñan vía libre para afectarnos de cheo, tanto a Galicia como a gran parte da Península Ibérica.

jueves, 22 de diciembre de 2016

COMO SERÁ O NADAL?

Tendencia según o modelo CFS (Climate Forecast System) para finais de 2016 e comezo de 2017

Durante os últimos días vimos comentando na nosa páxina de Facebook e tamén en Twitter as posibles tendencias que os modelos mostraban para estas vindeiras festas, e ata fai unha semana, case todos estaban dacordo en que a zona mais beneficiada polas precipitacións neste Nadal ía a ser o noroeste da Península Ibérica, incluída Galicia, pero nas últimas xornadas o panorama mudou completamente e agora practicamente todos os modelos sinalan que o panorama vai ser de absoluta estabilidade durante todo o período, debido ás altas presións polas que estaremos influenciados.

viernes, 16 de diciembre de 2016

NOVEMBRO 2016: LIXEIRAMENTE MAIS FRÍO E CHUVIAS NO NORMAL

Anomalías de temperatura e chuvia durante o mes de Novembro de 2016

Tras un Outubro que foi moi anómalo en Galicia, con precipitacións moi por debaixo do normal e con temperaturas cálidas, este mes de Novembro estivo mais ou menos dentro da normalidade con precipitacións mais repartidas e temperaturas xa propias da época do ano.

martes, 13 de diciembre de 2016

DÚAS FRONTES ATRAVESARÁN GALICIA ESTA SEMANA

Imaxe de satélite infravermella das 8:45h de hoxe Martes

Estamos tendo xornadas de Primavera na comunidade, mesmo tamén en moitos puntos da Península, xa que temos tempo seco e temperaturas moi elevadas para a época do ano, con valores que chegaron a superar os 22ºC en varios puntos de Galicia, como por exemplo en Vigo, Pontevedra, Tui.. etc. E con mínimas que non están sendo especialmente baixas, xa que tampouco temos moitas xeadas en zonas do interior de Lugo e Ourense.

viernes, 9 de diciembre de 2016

FIN DE SEMANA CON MÁIS NUBES PERO CON MOI POUCA CHUVIA

Imaxe de satélite infravermella con isobaras. 15:00h do Venres 9 de Decembro

 Continuamos baixo a influencia das altas presións cun anticiclón centrado no Mediterráneo. Con esta configuración quedamos con réxime de vento do Sur/Surleste que eleva as temperaturas ata valores cálidos para a época do ano na que nos encontramos, con máximas por riba dos 20/22ºC en bastantes puntos de Galicia rexistradas en días atrás. Ademais, ese anticiclón bloquea as borrascas e provoca que se desvíen cara latitudes altas e, polo tanto, non nos chegan a afectar directamente e tan só temos paso de nubes altas, cal única función só é a de decorar o ceo.

viernes, 18 de noviembre de 2016

DÚAS BORRASCAS AFECTARÁN A GALICIA ESTA FIN DE SEMANA


Imaxe de meteosat infravermella+presión en superficie. Mostrando a borrasca de mañá Sábado ao sur de Groelandia e que se irá achegando a Galicia .

Tal e como viñamos seguindo estos días na nosa conta de Twitter e en Facebook, confírmanse esos cambios para esta fin de semana. E é que dúas borrascas afectarán a Galicia, asociadas a unha vaguada, e que deixarán días típicos da época na que estamos, con xornadas de vento, chuvias, frío.. un pouco de todo, o que vai tocando en Novembro.