jueves, 31 de diciembre de 2015

SUCESIÓN DE FRONTES PARA COMEZAR 2016



Aínda que en gran parte da Península Ibérica este Decembro case non viron caer auga, o certo é que en Galicia, e especialmente na metade oeste dende fai varios días estamos vivindo o paso de varias frontes con temporais asociados que deixaron bastantes incidencias, como é o caso de onte día 30 cando se rexistraron máis de 200 incidencias ao longo da nosa comunidade, a gran maioría nas provincias Atlánticas, como é normal nestos episodios.

Tamén se marcaron rexistros importantes, tanto de auga, onde destacan os 60 mm de Fontecada (Coruña), como de vento, onde a alta Montaña de Ourense lévase a palma cun impresionante refacho de ¡166 km/h! rexistrado en Lardeira. Tamén destacar os 152 km/h medidos en Vimianzo (Coruña).

Nesta xornada de fin de ano estamos a vivir unha xornada típica post frontal, con ceos anubrados e chuvias que son máis intensas e frecuentes nas provincias Atlánticas, pero que non destacan nin pola súa intensidade nin por deixar bos acumulados, ademáis, a Noitevella será seca en boa parte da comunidade Galega, con bastantes nubes iso si, e con posibilidade dalgún chuvasco no extremo máis oeste da comunidade, en concreto do Suroeste da provincia de Coruña, teríamos as primeiras precipitacións do 2016.