jueves, 31 de diciembre de 2015

SUCESIÓN DE FRONTES PARA COMEZAR 2016



Aínda que en gran parte da Península Ibérica este Decembro case non viron caer auga, o certo é que en Galicia, e especialmente na metade oeste dende fai varios días estamos vivindo o paso de varias frontes con temporais asociados que deixaron bastantes incidencias, como é o caso de onte día 30 cando se rexistraron máis de 200 incidencias ao longo da nosa comunidade, a gran maioría nas provincias Atlánticas, como é normal nestos episodios.

Tamén se marcaron rexistros importantes, tanto de auga, onde destacan os 60 mm de Fontecada (Coruña), como de vento, onde a alta Montaña de Ourense lévase a palma cun impresionante refacho de ¡166 km/h! rexistrado en Lardeira. Tamén destacar os 152 km/h medidos en Vimianzo (Coruña).

Nesta xornada de fin de ano estamos a vivir unha xornada típica post frontal, con ceos anubrados e chuvias que son máis intensas e frecuentes nas provincias Atlánticas, pero que non destacan nin pola súa intensidade nin por deixar bos acumulados, ademáis, a Noitevella será seca en boa parte da comunidade Galega, con bastantes nubes iso si, e con posibilidade dalgún chuvasco no extremo máis oeste da comunidade, en concreto do Suroeste da provincia de Coruña, teríamos as primeiras precipitacións do 2016.


Pero, como será o ANINOVO? 

 Mapa de símbolos e de avisos previsto para a xornada de Aninovo.

Durante a xornada de Aninovo está previsto a chegada dunha nova fronte ACTIVA pola mañá que irá barrendo a comunidade de Oeste a Leste e deixando ao seu paso precipitacións que por momentos poden acadar intensidade moi forte, incluso non se desbota a posibilidade dalgunha treboada puntual, máis probable nas provincias Atlánticas.

Co avance da xornada as precipitacións seguirán, máis frecuentes e puntualmente fortes en Coruña e Pontevedra, e é que por alí o réxime de vento do SW seguirá achegando humidade e chuvias intermitentes dende o mar, pódense dar acumulados bastante xeitosos de auga, superando os 20/30 mm en bastantes zonas, incluso na alta montaña de Ourense se poderá ver algún rexistro bo de auga, que boa falta fai nesas zonas.

Ademáis, a fronte virá acompañada de bastante vento, por iso, MeteoGalicia viuse obrigada activar diversos avisos, destaca o aviso LARANXA en toda a costa Norte por refachos que poden superar os 100 km/h, no resto da comunidade o aviso será de nivel amarelo, refachos que poden superar os 80 km/h.

Tamén está activado o aviso amarelo no suroeste de Coruña e en toda a provincia de Pontevedra por precipitacións que en tan só 1 hora poderán acumular máis de 15 l/m2, polo tanto precipitacións intensas.

Xa no mar está activado o aviso LARANXA por ventos de forza 8 e ondas de entre 5/7 metros, polo tanto moita precaución se vos achegades ao litoral.

Seguiremos con esta tendencia?
 Anomalías de xeopotencial previstas polo GFS para inicios de Xaneiro

 A dorsal Anticiclónica desplazarase cara o Mediterráneo á vez que irá ascendendo cara latitudes máis altas, formándose un Anticiclón na contorna de Escandinavia, e elevando moito as temperaturas de o que ven sendo normal por esas zonas, rexistrando temperaturas positivas en pleno círculo polar Ártico, algo que non é moi normal, pero que ten precedentes, sen ir máis lexos en 2011, ou no mesmo Febreiro de 1956, polo que a culpa non debe de ser do cambio climático, ao que algúns lle botan a culpa.

A función que tería ese Anticiclón sería a de enviar as borrascas cara latitudes inferiores, cun chorro polar máis baixo. O que cabe esperar con esta dinámica na nosa zona sería paso continuo de frontes Atlánticas, con máis ou menos actividade. Con borrascas pasando bastante preto nosa, podendo provocar temporais de vento bastante intensos, incluso xa se vai vendo un para o vindeiro Luns 4, pero diso xa falaremos unhas liñas máis abaixo.

  Na imaxe da esquerda observamos os acumulados previstos dende hoxe ata pasadas 240 horas. Co descenso das borrascas, os acumulados serían importantes en amplias zonas da franxa Atlántica Europea, Inglaterra, Francia, e o Noroeste da Península Ibérica, incluída Galicia, serían dos puntos máis afectados. Cabe destacar que estos acumulados van a ir variando a cada saída do modelo GFS, pero é un bo elemento para "ver" onde poden caír as precipitacións máis importantes.

Esta dinámica de frontes Atlánticas traería tamén auga a zonas necesitadas da Península Ibérica, como é o caso da Cornisa Cantábrica, onde a vaga de lumes deste Decembro está provocando danos irreparables, é urxente que chova xa para axudar a sofocar eses lumes, e semella que en poucos días o fará, sería a mellor maneira posible de comezar o 2016.


Antes comentaba que o descendo das borrascas a latitudes máis baixas podería provocar algún temporal de vento intenso na nosa comunidade. Pois ben, dende fai varios días os modelos levan barallando esa posibilidade para o Luns 4, cando unha borrasca secundaria dunha que se encontraría nas Illas Británicas, pasaría moi preto do Norte de Galicia, provocando ventos moi fortes en toda a comunidade con refachos que poderían superar os 100 km/h en zonas pouco habituais, así o mostra o modelo Europeo (para min, o máis fiable) na súa última saída, cunha presión mínima que podería baixar dos 980 hpa, polo tanto estaríamos falando unha cousa xa máis seria.

Pero estamos a Xoves e aínda dará moitas voltas, pero a posibilidade está aí e haina que ir seguindo saída a saída, xa que de cumplirse o vento daría que falar.

Así pois, estrenaremos 2016 con sucesión de frontes Atlánticas que irán regando o Norte Peninsular, chegando máis debilitados ao leste da Península. Con ascensos e descensos das temperaturas, frío de verdade non se ve por agora, tan só ao paso das frontes cando se podería ver neve en cotas medias. Polo menos xa non teremos temperaturas por riba do normal como viñamos tendo a maior parte de Decembro, valores térmicos xa máis acordes coa época do ano.

Coma sempre, iremos seguindo a diario estos cambios que se presentan coa chegada do novo ano, tanto en Twitter, como en Facebook.

FELIZ 2016 A TOD@S!



No hay comentarios:

Publicar un comentario