lunes, 22 de mayo de 2017

A CALOR SERÁ A PROTAGONISTA NOS VINDEIROS DÍAS. POSIBLES CAMBIOS PARA FINAIS DE MES.

Temperatura a 850 hpa prevista polo modelo ECMWF para o Mércores 23 de Maio.

Estamos a ter un mes de Maio moi cambiante. Os períodos de calor e tempo seco e solleiro intercálanse con outros de tempo mais húmedo, mais fresco e con chuvascos treboentos. En resumo, algo típico da Primavera. Ainda así, pouco a pouco aire frío comeza a estar mais relegado a latitudes altas, mentras que as masas de aire cálido van gañándolle terreo dende o sur. As entradas de calor comezan a ser mais frecuentes e as altas presións xa son as protagonistas. A corrente en chorro (unha especie de "autopista" de ventos moi fortes entre 7 e 12 km sobre o nivel do mar) xa non ten tantas meandrizacións, co que as borrascas profundas xa non nos afectan.

lunes, 8 de mayo de 2017

XORNADAS INESTABLES POR DIANTE. CHUVASCOS E TREBOADAS.


Tras un mes de Abril moi seco e moi cálido, no que abundou a presenza das altas presións, as altas temperaturas e a escasez de chuvia, Maio comezou con mais movemento meteorolóxico, e semella que quere seguir sendo animado. Sen ir mais lonxe, o pasado Venres unha pequena borrasca afectou a Galicia deixando moita inestabilidade. Diversas liñas de precipitacións fortes foron entrando polo oeste da comunidade, descargando chuvias fortes, saraiba e treboadas, contabilizáronse mais de 660 raios na comunidade. Ademais, fronte a Oia tamén se avistou unha manga mariña, fenómeno que, aínda que pareza extraño velo fronte ás nosas costas, ven sendo bastante habitual.