lunes, 31 de agosto de 2015

COMO SERÁ SETEMBRO?

Imos comezar o mes no que o Verán vai indo a menos e o tempo variable, con grandes cambios en pouco tempo son os protagonistas, comeza a haber grandes contrastes de temperaturas que provocan situacións de inestabilidade atmosférica moi acusada, en especial no Mediterráneo, por  alí, semella que este mes vai ser moi movido en canto a tormentas, xa que o mar está moi quente tras un verán moi cálido por esa zona.

O Outono meteorolóxico comeza o 1 de Setembro, pero isto non significa que non poidan vir episodios de temperaturas altas con bastante calor, aínda que cada vez esta calor irase notando menos, días máis curtos, noites cada vez máis longas... Tamén é neste mes ou a principios de Outubro cando Galicia recibe o primeiro temporal serio da temporada, aínda que hai que recordar que o pasado Domingo tivemos a visita dunha borrasca que non estivo nada mal para a época e que deixou fortes ventos e acumulados de chuvia bastante destacados.

viernes, 21 de agosto de 2015

FIN DE SEMANA INESTABLE: CHUVIA E VENTO

Imaxe de satélite das 12:00 de hoxe Venres. Situación Anticiclónica.

Estos últimos días estamos a vivir unha situación Anticiclónica típica do que corresponde a estas datas de Agosto, con moito sol, e con calor que se nota especialmente no sur de Galicia, onde os valores sobrepasan ampliamente os 30ºC en moitos puntos, altas temperaturas que teñen especial incidencia, coma sempre, na Conca do Río Miño, sobretodo ao seu paso pola provincia de Ourense, onde os valores, onte Mércores, chegaron a marcar valores próximos aos 40ºC, como é o caso de Remuiño (Ourense), con 38,7ºC de temperatura máxima, ou a propia cidade de Ourense, con 38,4ºC. Valores térmicos altos, pero nada fora do normal nesta época do ano.