martes, 12 de septiembre de 2017

AGOSTO 2017: SECO E LIXEIRAMENTE CÁLIDO

Mapas de anomalías. Fonte dos datos: MeteoGalicia.

MeteoGalicia vén de sacar, como cada comezo de mes, a análise do mes anterior e, como se agardaba, foi, en xeral, seco en gran parte de Galicia con temperaturas lixeiramente por riba do normal. Aínda que as precipitacións foron intensas puntos, especialmente, da Mariña e sobretodo do sur de oeste de Ourense, acadando nesas zonas valores por riba do habitual, é un tipo de precipitación que non serve para arranxar a seca que levamos arrastrando dende fai ano e medio, xa que son chuvias moi fortes, de carácter torrencial que acumulan moita auga en moi pouco tempo, provocando, así, asolagamentos, tal e como aconteceu, e que non perduran no tempo. O que se necesita agora son episodios típicos do Outono-Inverno Galego, situacións de vento do suroeste con chuvias abundantes en practicamente toda a comunidade, que, sendo intensas (pero non torrenciais), acostuman durar moitos días, acumulando, así moita auga.

lunes, 11 de septiembre de 2017

ÍNDICE NAO: QUÉ É, E COMO AFECTA A EUROPA?


visible
Imaxe de satélite visible do 23 de Decembro do 2009, circulación zonal moi baixa.

Para realizar un pronóstico a longo prazo, hai que ter en conta diversos factores de maior ou menor
importancia, entre eles, temos o índice NAO (North Atlantic Oscillation), que é algo moi importante a ter en conta na configuración meteorolóxica a longo prazo. Este índice "mide" a diferenza de presión entre a borrasca de Islandia e o Anticiclón das Azores.