jueves, 14 de julio de 2016

MOITA CALOR OS VINDEIROS DÍAS

Temperatura a 850 hpa (1500 metros). Modelo GFS. Luns 18

En moitos puntos de Galicia, especialmente no suroeste da comunidade, xa vai facer un mes que non cae nin gota. É certo que aínda que de vez en cando estivo anubrado e se produciron algúns orballos que nin chegaron a mollar no litoral, a estabilidade foi a protagonista dende a 2ª quincena de Xuño e vaise prolongar durante moitos días, pero de cara o vindeiro Martes 19 as brétemas poden chegar, de novo, ao litoral Galego.

Cambiamos de Anticiclón tras uns días relativamente frescos e este novo centro de Altas Presións, que se colocará no Cantábrico (un movemento típico no Verán), vén con moitas ganas de traernos moita calor, xa que en Galicia teremos ventos do Leste/Nordés que, como xa sabedes, elevan moito as temperaturas en gran parte da comunidade agás, coma sempre, na Mariña Lucense, onde si que as temperaturas experimentarán un ascenso, pero nada que ver co que acontecerá no resto do territorio, xa que por alí, nalgunhas zonas, nin chegarán aos 25ºC! 

No gráfico que encabeza o artículo observamos como a masa de aire cálido procedente de África "abraza" toda a Península. Mentras, no Atlántico, unha pequena borrasca baixa de latitude e impulsa, con máis forza, dita masa de aire cálido sobre España. É unha configuración típica dunha vaga de calor, veremos se finalmente remata sendo... de todas formas é o 1º gran episodio de calor da tempada, e estamos a mediados de Xullo.

Temperaturas a 2m. Modelo GFS. Luns 18 ás 14:00

Mirade as temperaturas previstas para o vindeiro Luns, superando amplamente os 30ºC en practicamente toda Galicia con valores moi altos no sur da comunidade onde , moi posiblemente, rocen os 40ºC en puntos de Ourense e do Baixo Miño. Moitas zonas con 33/34ºC, a piscina, o río e sobretodo a praia serán o mellor remedio para combatir esta calor!

Se baixamos algo máis por España, chegamos a zonas onde xa marcan máis de 40ºC nas zonas de sempre, Extremadura, Andalucía... aínda que por esas zonas as altas temperaturas continuarán durante mais xornadas que polo Norte do país, xa que a partir do Martes, como xa comentamos, chega unha masa de aire mais fresco que arrastraría brétemas ao litoral, con temperaturas mais agradables e mesmo algúns orballos.

 Anomalías de temperatura a 850 hpa (1500 metros). Modelo ECMWF. Luns 18

Mirade tamén as anomalías previstas para o Luns neste episodio de calor, de ata +10ºC por riba do normal no noroeste de España! Ademais, mirade como a natureza sempre busca compensar, xa que odia o desequilibrio. Mentras nos temos unha dorsal enriba con moita calor, por centro Europa unha vaguada deixaría temperaturas máis frescas do normal e, se seguimos avanzando cara o leste, outra vez nos encontramos con moita calor. Todo o que sube ten que volver baixar!
 
Resumindo, toca pasar calor durante as vindeiras xornadas, valores por riba dos 30ºC en case toda Galicia, seguramente salten algúns avisos por temperaturas máximas o Domingo/Luns. A partir do Martes unha vaguada chegaría polo Atlántico e refrescará máis o ambiente debido ao aire fresco que traerá consigo e, como xa comentamos, chegarían as brétemas de novo ao litoral.

Iremos seguindo a diario o que a atmósfera nos vaia deparado na nosa páxina de Facebook e tamén na conta de Twitter

Se este artículo che pareceu interesante, comparte!

No hay comentarios:

Publicar un comentario