viernes, 10 de febrero de 2017

FIN DE SEMANA CON TEMPO MOI VARIABLE


Xusto fai unha semana, o tempo era mi distinto ao que estamos tendo hoxe Venres, aínda que teñamos inestabilidade. Fai 7 días estabamos baixo a influencia de duros temporais que deixaron refachos de vento moi intensos, tanto en mar coma en terra, acadando rexistros moi altos en zonas onde non é habitual, por exemplo, destacamos os 100 km/h medidos na estación que MeteoGalicia ten na cidade de Pontevedra, en Campolongo.


Tras un día seco como foi o pasado Mércores, unha vaguada achegouse polo Atlántico, formando unha profunda borrasca que agora mesmo, e tal e como se ve na imaxe que encabeza este artículo, témola bastante preto, aínda que non nos afectará con moita forza. Onte Xoves unha fronte fría asociada chegaba á tardiña polo oeste de Galicia, deixando acumulados que rondaban os 5/10 mm según zonas, superando localmente esas cantidades. Posteriormente, unha banda de chuvascos entraba pola noite e deixaba chaparróns no oeste das provincias atlánticas.

-Pero, qué nos espera esta fin de semana?

 
Como xa comentamos, esta borrasca mañá Sábado vaise situar ao suroeste da Península. Con esta configuración, o vento en Galicia será do Nordés, con refachos fortes, especialmente no norte de Galicia, onde haberá mais nubosidade e mesmo na mariña as nubes de retención deixarán chuvias febles, aínda que por momentos poderá caer con intensidade moderada. Canto mais ao sur, como é normal con este vento, ceo mais aberto, aínda que semella que non chegará a despexar de todo, xa que a borrasca enviará bandas de nubes medias que irán percorrendo o ceo, pero sen precipiacións. Será unha xornada seca, agás na Mariña.  

As mínimas descenderán debixo á presenza de menos nubes, pero as máximas experimentarán un claro ascenso, con valores que rondarán os 15ºC no sur da comunidade. Na metade norte, como o vento do nordés soprará con forza e terán maior presenza de nubes, terán máximas que rondarán os 13ºC, algo mais de fresco.

En canto a Domingo, xa hai mais incerteza no pronóstico, xa que será cando a borrasca suba de latitude, de novo, pasando moi preto de Galicia, ou mesmo por riba. Co cal, se a súa posición varía un pouco, as chuvias poden aparecer ou desaparecer onde non estaba previsto. De momento, como se vos mostra no mapa, a xornada estaría de novo marcada polas nubes e os claros, con chuvascos na Mariña. Co paso das horas, as nubes irían a mais e os chuvascos chegarían dende o sur. Pero como xa comentamos, hai modelos que indican que xa choverá pola mañá, outros non a modelizan ata a noite. Hai que estar moi pendentes das actualizacións que vos vaiamos mostrando en Facebook e en Twitter.

Polo tanto, temos un fin de semana marcado pola variabilidade. Nubes e claros no ceo Galego con probabilidade de chuvascos, que será mais alta na xornada do Domingo. Temperaturas diurnas que se irán recuperando e as nocturnas que serán frías.

Se queres estar informado diariamente da última hora do que o tempo nos vaia presentando, pódesnos seguir en Twitter e tamén na páxina de Facebook.

No hay comentarios:

Publicar un comentario