lunes, 5 de enero de 2015

PREVISIÓN METEOROLÓXICA. CABALGATAS E DÍA DE REIS EN GALICIA.

Imaxe de satélite infraroja + isobaras (mañá de hoxe Luns día 5 de Xaneiro)

Ola. Comezamos este 2015 sumidos nun gran anticiclón que nos leva acompañando varias semanas, e así parece que continuaremos durante, alo menos, 15 días. Pero, nestes 15 días haberá "paréntesis" nos que algunha cola dunha fronte asociada ás baixas presións que circulan por latitudes moito máis altas nos poderá afectar, deixando algunha chuvia, non moi importante, iso sí.


Entón, que situación meteorolóxica cabe esperar para a tarde do día 5 de Xaneiro, na cal se celebran as cabalgatas de reis por toda a comunidade?



Pois ben, entre tanto anticiclón, teño que falar de cambios, e é que moi posiblemente unha fronte -non moi activa, iso si- nos afecte durante a xornada do Martes, deixando algunhas chuvias, pero diso xa falaremos unhas liñas máis abaixo.

Na tarde de hoxe Luns, os ceos iranse cubrindo xa pola metade Oeste da comunidade, sobre todo no Oeste-Suroeste da provincia de Coruña e Noroeste de Pontevedra, pero, co avance das horas, esta nebulosidade irase extendendo a moitas máis zonas.

Corren perigo as cabalgatas?

-En principio, a resposta é NON, pero hai detalles que hai que matizar. Como vedes no mapa, señalo o suroeste da provincia de Coruña con círculo, e póñovos que, nesas zonas, é probable que haxa algunha chuviscada, máis probables canto máis avancemos na tarde. Entón, canto antes den comezo as cabalgatas, millor.

Previsión detallada para as cidades Galegas máis "destacadas"



Como podedes observar na táboa de previsión cada tres horas, non se prevé que chova en case que ningunha cabalgata, pero, como comentei antes, nas zonas pegadas ao litoral atlántico, é posible que reciban algunha pingueira, pero, en todo caso, moi pouca cousa en xeral.

As temperaturas serán máis frías conforme vaiamos avanzando na tarde -como é normal, vamos- , pero, especialmente, no interior Galego, onde é posible que se acheguen xa a valores bastante baixos nas primeiras horas da noite. Cabe destacar que estas temperaturas poden variar.

Entón, para saír a ver as cabalgatas, é recomendable levar roupa de abrigo (sobre todo no interior), e nas zonas máis pegadas á costa atlántica, non estaría de máis un paraugas pequeno, por se acaso se lle dá por pinguear un pouco, pero, insisto, en todo caso sería moi pouca cousa.

Como será o día de reis en Galicia?



Pois nos últimos dous días, os modelos numéricos levan dado bastantes bandazos en canto a como nos vai afectar a fronte, a intensade das súas chuvias asociadas... etc

Nas última salidas, a fronte chegaría xa bastante desfeita e pouco activa, lóxico, xa que esta fronte viaxa por unha gran área de altas presións, polo que, o aire, en vez de ascender, descende, desfacendo a fronte e diminuíndo a intensidade das chuvias.

En principio semellaba que ía chover con algo máis de intensidade na madrugada e na mañá, agora semella que será o contrario, teremos unha mañá bastante tranquila, con entrada de chuvias algo máis intensas no litoral máis oeste da comunidade, e sendo chuviscadas no resto, moi pouca cousa en xeral.

En canto ás temperaturas, as máximas sufrirán un descenso, a presenza das nubes e a ausencia do sol fará que non sexan tan "agradables" como as que tivemos estos últimos días. As temperaturas mínimas, ascenderán lixeiramente, sobre todo no litoral oeste da comunidade, onde haberá bastante nubosidade; no interior, por contra, semella que descenderán, rexistrando, novamente, xeadas en moitos puntos.

Se queres estar informado das novas deste blog, e da situación meteorolóxica de última hora na nosa comunidade, podes seguirme en twitter (@redmeteoP) e tamén en facebook (facebook.com/RedmeteoP)

Saúdos e feliz ano 2015!

No hay comentarios:

Publicar un comentario