lunes, 31 de agosto de 2015

COMO SERÁ SETEMBRO?

Imos comezar o mes no que o Verán vai indo a menos e o tempo variable, con grandes cambios en pouco tempo son os protagonistas, comeza a haber grandes contrastes de temperaturas que provocan situacións de inestabilidade atmosférica moi acusada, en especial no Mediterráneo, por  alí, semella que este mes vai ser moi movido en canto a tormentas, xa que o mar está moi quente tras un verán moi cálido por esa zona.

O Outono meteorolóxico comeza o 1 de Setembro, pero isto non significa que non poidan vir episodios de temperaturas altas con bastante calor, aínda que cada vez esta calor irase notando menos, días máis curtos, noites cada vez máis longas... Tamén é neste mes ou a principios de Outubro cando Galicia recibe o primeiro temporal serio da temporada, aínda que hai que recordar que o pasado Domingo tivemos a visita dunha borrasca que non estivo nada mal para a época e que deixou fortes ventos e acumulados de chuvia bastante destacados.

Vexamos, pois, que nos din as diversas previsións estacionales:

Modelo Europeo (ECMWF)

O modelo Europeo aposta por un mes moi movido na maior parte da Península Ibérica, con especial atención á franxa Mediterránea, como xa comentamos unhas liñas máis arriba, o mar está moi quente e iso favorecerá a formación de grandes treboadas, máis coñecido este fenómeno como "gota fría", un episodio moi peligroso xa que deixa moita cantidade de auga en pouco tempo.

Na imaxe da esquerda podemos observar como o ECMWF modeliza un mes moi chuvioso en toda a marxe Mediterránea, aínda que tamén hai anomalías positivas de precipitacións bastante marcadas na maior parte da Península, agás, ollo, no oeste de Galicia, onde observamos incluso unha lixeira anomalía negativa, polo que as precipitacións na maior parte da comunidade pode estar en valores normales e incluso por debaixo do que sería normal, isto non quere que non vaia chover nada en todo o mes, pero as chuvias estarían por debaixo do normal. Esta anomalía negativa de precipitacións exténdese practicamente todo o centro e norte do continente Europeo, esto vai relacionado coa formación dun importante bloqueo Anticiclónico no entorno das Illas Británicas que provocará que as baixas circulen por latitudes inferiores, aportando, dende a súa posición, ventos do Leste, e volvo insistir, os ventos de levante no Mediterráneo son moi importantes para as chuvias nesas zonas.

En canto ás temperaturas, semella que practicamente toda a franxa occidental Europea terá temperaturas normais ou incluso lixeiramente por debaixo da media, como se pode observar na metade leste da Península Ibérica. No resto do continente Europeo todo indica que as temperaturas estarán en valores por riba do que é normal.

Modelo CFS (Seasonal Climate Forecast)

Xa botándolle unha ollada ao modelo CFS, observamos como practicamente é calcado á previsión estacional do ECMWF, con anomalías bastante positivas de chuvia en toda a marxe Mediterránea. Tamén coincide co modelo Europeo en mostrar anomalías negativas de precipitación bastante destacadas no Centro e Norte do continente Europeo, e tamén no Oeste de Galicia, xa que como se pode observar, esta coloreada dese vermello oscuro.

Isto vén relacionado, como comentamos antes, por unha formación dun bloqueo Anticiclónico en latitudes máis altas, sobre as Illas Británicas, isto favorece que por alí o tempo sea bo e con poucas chuvias, por contra, a posición do Anticiclón nesa zona envía baixas por latitudes máis baixas e ventos de levante, polo que siguen insistindo que a marxe Mediterránea terá moitas treboadas neste mes de Setembro.

A Galicia, a posición dese bloqueo Anticiclónico nas Illas Británicas, enviaríalle ventos do Este-NorEste, como sabedes esta compoñente de vento non trae moita chuvia, e máis ben bo tempo e seco, agás na Mariña, onde o NorEste sempre acumula nubes de retención que deixan chuviscadas puntuais.

O modelo do CFS para as temperaturas non é mostrado aquí xa que non hai nada reseñable, as temperaturas estarían dentro do normal (según este modelo) para o que vén sendo o mes de Setembro na Península.

-Como comezará?
Vemos como comezaremos este mes,  destacaremos, como xa foi mencionado antes, a formación dun importante bloqueo Anticiclónico na contorna das Illas Británicas xa a partir desta semana, isto traería a Galicia temperaturas suaviñas, poucas precipitacións e tempo xa bastante estable, agás na Mariña onde coma sempre o vento do NorEste acumularía moitas nubes baixas e polo tanto hai que sinalar a posibilidade de que caian chuviscadas, todo isto con temperaturas máis frescas que no resto de Galicia.

De cara a segunda semana seguiríamos con esta configuración, pero coa entrada dunha vaguada retrógada dende o Norte, a Galicia a verdade é que non afectaría moito, en tal caso máis nubosidade, temperaturas máis frescas do normal e a posibilidade de algún chuvasco treboento, sobretodo no interior da comunidade. 

Pero onde hai que prestar atención con esta configuración sería no Mediterráneo, porque coa chegada de aire frío dende o Norte, sobre o mar que está moi caldeado, ollo porque as tormentas por alí poden ser moi intensas, ademáis é posible que se algunha mesobaixa que aporte humidade dende mar a terra, polo que hai que ter coidado coas inundacións repentinas provocadas pola caída de moita auga en moi pouco tempo.

Modelo CFS (anomalía de precipitacións)

Como vedes, tanto o modelo Europeo como o CFS marcan un Setembro máis seco do normal por Galicia (non significa que non vaia chover), e moito máis húmido pola vertiente Mediterráneo. A primeira imaxe mostra as anomalías dende hoxe mesmo ata os 6 de Setembro, semella que moitas zonas do Norte e NorEste (como vai pasar hoxe) van ter moito movemento en canto a treboadas intensas, no resto da Península os valores estarán dentro do normal. Mentras, no NorOeste de Europa as anomalías negativas de precipitación serían marcadas pola presencia das altas presións.

A segunda imaxe mostra as anomalías de precipitación agardadas dende o 6 de Setembro ata o día 13. Non cambia moito a cousa, seguimos con anomalías positivas na franxa Mediterránea, e valores dentro do normal no resto da Península, incluso obsérvase como aparece unha lixeira anomalía negativa no Oeste de Galicia polo movemento das altas presións algo máis ao sur.

-CONCLUSIÓNS:

a) Todo indica que o mes será húmido na fachada Mediteránea e algo máis seco no resto, en especial no Oeste de Galicia onde aparece unha lixeira anomalía negativa debido á presenza das altas presións que envía ventos do NE.

b) As temperaturas semella que estarán en valores dentro do que sería normal para Setembro, pero incluso poden ser lixeiramente máis frescas, o cal non sería de extrañar debido ao vento do NE.

 
Información en tempo real e estar informad@ da situación atmosférica que imos ter no twitter do blog (@Redmeteop) e tamén na páxina de Facebook (redmeteo)

No hay comentarios:

Publicar un comentario