viernes, 21 de agosto de 2015

FIN DE SEMANA INESTABLE: CHUVIA E VENTO

Imaxe de satélite das 12:00 de hoxe Venres. Situación Anticiclónica.

Estos últimos días estamos a vivir unha situación Anticiclónica típica do que corresponde a estas datas de Agosto, con moito sol, e con calor que se nota especialmente no sur de Galicia, onde os valores sobrepasan ampliamente os 30ºC en moitos puntos, altas temperaturas que teñen especial incidencia, coma sempre, na Conca do Río Miño, sobretodo ao seu paso pola provincia de Ourense, onde os valores, onte Mércores, chegaron a marcar valores próximos aos 40ºC, como é o caso de Remuiño (Ourense), con 38,7ºC de temperatura máxima, ou a propia cidade de Ourense, con 38,4ºC. Valores térmicos altos, pero nada fora do normal nesta época do ano.


Iso si, estas temperaturas despediranse de nos hoxe durante uns cantos días, xa que a fin de semana preséntase inestable, con varias frontes que atravesarán Galicia. Unha primeira o Sábado, e sobretodo a do Domingo, que virá acompañada de forte vento e que moi posiblemente deixe o primeiro temporal da temporada na nosa comunidade.

Por qué teremos inestabilidade a fin de semana?

Anomalía de presión para o Luns ás 00:00

A imaxe anterior mostra as anomalías de presión superficial que teremos o Luns a medianoite. Temos que destacar dúas cousas, a primeira é o Anticiclón das Azores retirado ao oeste destas Illas, algo máis debilitado. A segunda cuestión a destacar é o bloqueo anticiclónico que non se ve na imaxe, pero que está situado en Escandinavia. 

Entre esos dous Anticiclóns, fórmase unha especie de pasillo polo cal se pasean as borrascas. O anticiclón en Escandinavia provoca que as borrascas non poidan avanzar, e polo tanto, ou se queden estáticas na contorna de Islandia e das Illas Británicas, ou tamén que descendan ata latitudes algo máis baixas e polo tanto afecten á metade norte da Península, tal e como vai acontecer o Domingo, cando unha pequena borrasca, pero bastante profunda para ser Agosto pasará moi moi preto de Galicia e provocará o que, moi posiblemente, sexa o primeiro temporal da temporada.

 Precipitacións previstas para mañá Sábado ás 15:00. Modelo GFS.

Mañá Sábado. Comezará o periodo de inestabilidade coa chegada dunha fronte polo noroeste de Galicia que xa descargará precipitacións pola mañá. Pouco a pouco, co avance das horas, irase movendo cara o interior, e previsiblimente, a medida que vaia viaxando cara o leste, tería que ir reactivándose, froito da calor acumulada destes días, e polo tanto, non sería de extrañar que esta fronte deixase algunha treboada, sobretodo máis probables na provincia de Lugo e Ourense. 

Hai que comentar que ata fai uns días esta fronte semellaba que non iba ser nada, chuvias febles e pouco máis, pero co avance da semana cada vez foi collendo máis forza, ata o punto de que se reactivará ao chegar a terra e deixará chuvias puntualmente fortes e mesmo con algunha treboada. Por iso, cando nos preguntan o tempo a moitos días vista, dicímoslle que aínda hai que agardar xa que os modelos hai que interpretalos e perden fiabilidade co avance do tempo.

Ademáis, esta fronte virá acompañada dun brusco descenso térmico, restaremos ata 6ºC menos ca hoxe en moitos puntos da comunidade, entre 5 e 6ºC menos de maneira case xeneralizada, agás na Mariña onde as temperaturas seguirán sen cambios. 

Polo tanto, no interior de Ourense aínda teremos que falar de calor, con temperaturas que rondarán entre os 28ºC e os 30ºC. Pero se nos movemos á provincia Coruñesa, por exemplo, no oeste da provincia xa terán entre 18ºC e 20ºC.

POSIBLE TEMPORAL O DOMINGO  

 Presión+precipitacións para primeiras horas da tarde do Domingo. Modelo ECMWF

O Domingo é cando teremos a situación atmosférica máis interesante. E é que unha pequena borrasca, bastante profunda para ser Agosto, pasará moi moi preto de Galicia. Que provocará isto? Pois que os ventos aumenten moito a súa intensidade, con refachos moi intensos de dirección Suroeste, como nos temporais propios do Outono-Inverno. Refachos que serían máis fortes pola mañá, e que diminiurían algo a súa intensidade coa chegada das chuvias xa contra o mediodía. O típico nun temporal Galego, primeiro chega o forte vento, despois chega a fronte coas chuvias e posteriormente os chuvascos post frontais con vento do Noroeste aportando aire fresco, bastante fresco para estas datas, con 16-18ºC na maior parte de Galicia, tan só na conca do Miño teremos que falar de valores entre 22-24ºC, nada mal para estas datas, non?



Este é o movemento que levará a borrasca no seu viaxe, chegará dende o noroeste e o seu centro, en teoría, non tería que tocar terra, e viaxar cara o Norte a partir da tarde do Domingo. Como vedes, as isobaras están bastante xuntas, e como sabedes , canto máis apretadas estén estas liñas, máis vento fará, e así será.

 Mirade na foto da esquerda os refachos previstos polo modelo WRF para o mediodía do Domingo, refachos rondando os 100 km/h na costa, sobretodo no litoral Coruñés, e ollo tamén en zonas altas xa que os modelos non "ven" tan ben os refachos en zonas tan puntuais como son os montes. Aínda que, como vedes,os refachos serían bastante intensos e xeneralizados, con 70-80 km/h no oeste de Galicia sendo algo máis "frouxos" no leste, como é normal con vento do suroeste.

Isto xusto antes da chegada da fronte. Co paso desta os refachos terían que ir a menos, aínda que coa rolada, que é o cambio repentino de vento do Suroeste a Noroeste, terían que ser refachos moi fortes, sobretodo no norte da comunidade.

As axencias de meteoroloxía como son a AEMET e Meteogalicia non deberían de tardar en decretar avisos por vento, por exemplo non sería de extrañar un aviso naranxa por refachos de 100 km/h no norte da comunidade. Veremos..

Tras esto, cos chuvascos post frontais, tería que quedar un vento do noroeste moderado, con refachos fortes en calquer punto da comunidade, aínda que nada que ver cos refachos que se agardan para a mañá da xornada Dominical.

 Nubosidade prevista polo modelo GFS para o mediodía do Domingo.

Así como curiosidade, mirade como se retorcerían as nubes arredor do centro da borrasca no mediodía do Domingo, con esa fronte perfectamente definida. Sabedes que, a máis espectacular que sexa o fenómeno meteorolóxico, normalmente, máis adverso é.

 En resumidas contas, estamos ante un fin de semana no cal Agosto se convertirá en Novembro, cunha fronte que descargará o Sábado, chuvias que poden ser puntualmente fortes e con algunha treboada, máis probables no interior. Domingo chega unha borrasca que deixará chuvia e, sobretodo, forte vento.

Podes seguir esta situación de inestabilidade en tempo real e estar informad@ da situación atmosférica que imos ter no twitter do blog (@Redmeteop) e tamén na páxina de Facebook (redmeteo)


O episodio, EN DIRECTO!

SÁBADO

9:31: Actívase o AVISO AMARELO por chuvia de +15 l/m2 nunha hora tamén en Pontevedra.




10:04: Así se ve a fronte dende o Satélite, trae bastante convección, polo que as chuvias poden ser puntualmente FORTES e con algunha treboada!:

14:35: As chuvias asociadas á fronte comezan a descargar en Galicia, por agora non son intensas pero ollo pola tarde..


 
15:25: Como estaba previsto, as nas primeiras da tarde as chuvias chegaron ás Rías Baixas, aínda tería que chover bastante máis:























16:45: A fronte organizándose e descargando xa máis intensamente no oeste de Galicia, tarde practicamente de Outono, e mañá temporal!


18:28: Xa está en proceso a borrasca que nos trairá fortes ventos e chuvias mañá, na imaxe de satélite observámola:




20:16: Os refachos mañá a primeira hora da tarde poden ser moi intensos tamén en terra:




20:19: Xa temos diversos avisos activados para mañá:




20:32: Os acumulados de auga finalmente foron moito menores que o agardado, e as cantidades máximas caíron principalmente no Norte de Lugo, destacamos Ribadeo (Lugo) con 25 l/m2, e Foz, con 13 l/m2. Mañá esas zonas serán as que menos auga reciban debido ao vento do Suroeste.

DOMINGO (TEMPORAL)

10:30: A borrasca dende os satélites é preciosa, mirade como se enrosca a nubosidade arredor do seu centro:


12:24: Zoa con forza o vento en Galicia, aínda non chegamos ás tres cifras pero pouco lle falta, en Punta Langosteira (A Coruña) acábanse de alcanzar os 96 km/h;


13:10: Refachos moi fortes de vento, Punta Langosteira 106,6 km/h, Vimianzo 106,7 km/h. Os primeiros 100 km/h en Pontevedra levaos o Xesteiras


14:32: As chuvias caen de maneira intensa no oeste e suroeste de Galicia arestora, acompañadas de fortes refachos de vento. Tralo paso da fronte, haberá un breve descanso, pero á tardiña volverán

17:45: A fronte pasou e mesmo se abren claros e da bastante o sol en moitas zonas do oeste de Galicia, pero non hai que confiarse porque contra a tardiña volverán os chuvascos. Así se move a borrasca, fixádevos na fronte e tamén nesos puntiños brancos no Atlántico, son os chuvascos:


Os rexistros de auga e vento máis destacados que deixou este temporal de Agosto en Galicia:


 





No hay comentarios:

Publicar un comentario