miércoles, 1 de junio de 2016

COMEZA XUÑO, CÓMO SERÁ?



Comezamos Xuño, un mes que, meteorolóxicamente falando, xa se considera como de Verán, aínda que recordemos que o Verán astronómico non comezará ata o vindeiro día 21. Mes que xa se caracteriza polo afianzamento das altas presións sobre a nosa contorna, con ascensos máis pronunciados e frecuentes de masas de aire cálido dende o Norte de África, aínda sigue habendo a posibilidade de que chegue algunha borrasca, xa menos profunda, que deixe chuvias na franxa Atlántica e treboadas xeneralizadas en gran parte da Península, pero en xeral xa é un mes de Verán.

Botamos, polo tanto, un ollo ás prediccións mensuais que nos mostran, tanto o modelo CFS como o Europeo (este xa a máis curto prazo).

A imaxe que encabeza este artículo mostra as anomalías de chuvia (mapa da esquerda) e das temperaturas (mapa da dereita) previstas polo modelo CFS. Como podemos observar, este modelo modeliza unha anomalía lixeiramente positiva de precipitacións en gran parte do Norte Peninsular, e no normal en gran parte da Península. En canto ás temperaturas, tamén mostra unha anomalía lixeiramente positiva no Norte e Leste Peninsular, o que nos pode indicar que as temperaturas, en principio, estarán un chisco por riba do que vén sendo normal nesas zonas.
                                                                                       

O mapa anterior mostra as anomalías de chuvia e temperatura previstas para a semana do 6 ao 12 de Xuño según o modelo Europeo (ECMWF). Temos cores verdes en gran parte do Noroeste Peninsular, polo que para a semana cabe esperar a chegada dalgunha fronte que deixaría precipitacións, en principio non moi importantes, pero si que falaríamos, de novo, de chuvias en gran parte da comunidade. Mentras, no SurEste da Península as cores tenden a moradas, polo que as precipitacións, a semana vindeira, brillarán pola súa ausencia nesas zonas, e é que todo indica que terán moita calor por alí, debido ao ascenso dunha masa de aire cálido impulsada pola borrasca que estará no Atlántico e que, en principio, será a que deixe as precipitacións no Noroeste.

As temperaturas semella que estarán por debaixo do normal no oeste da Península e, como xa comentei, por riba do normal na marxe Mediterránea debido ao ascenso desa masa de aire cálido que deixará temperaturas moi elevadas, incluso por riba dos 35ºC en moitas zonas!

Aínda que non se mostran neste artículo, o modelo ECMWF tamén mostra temperaturas por debaixo do normal ou no normal en gran parte da Península e precipitacións sen anomalías destacables. Estaremos, por tanto, ante un mes de Xuño máis cálido e seco no Leste Peninsular, mentras que no Noroeste encontrarémonos con algo máis de precipitacións e temperaturas máis "frescas"? Isto saberémolo en varias semanas.

Recordemos que estos pronósticos son a moi longo prazo e que só o debemos tomar como unha posible tendencia, xa que pode que finalmente pase todo o contrario.

Iremos seguindo a diario o que a atmósfera nos vaia deparado na nosa páxina de Facebook e tamén na conta de Twitter

Se este artículo che pareceu interesante, comparte!

No hay comentarios:

Publicar un comentario