domingo, 1 de mayo de 2016

MAIO COMEZA CON ASCENSO DAS TEMPERATURAS


Rematamos Abril con estabilidade atmosférica, poucas nubes e con vento do norte bastante intenso, o que fixo que as temperaturas fosen bastante frescas, sensación de fresco que se viu acentuada polos refachos intensos do Norte que sopraron durante a xornada de onte Sábado.

Pero, tal e como viñamos comentando en Twitter e en Facebook, a partir de hoxe comezará un ascenso das temperaturas que irá en aumento ata culminar o Mércores, que semella que será a xornada na cal as temperaturas máximas sexan máis altas, falando xa de calor en gran parte da Península. En Galicia poderíamos chegar aos 30ºC por primeira vez no ano en puntos do sur e interior da comunidade, como por exemplo no val do Miño, zonas habituáis (Leiro, Remuiño... etc)

Como vedes na imaxe que encabeza este artículo, o ascenso das temperaturas deberase a unha masa de aire cálido Africana que chegará impulsada por unha pequena depresión ao Norte das Illas Canarias e un Anticiclón que se colocará no mar Cantábrico. Grazas ao posicionamento destos dous centros de acción, haberá vento do Sur/Sureste en capas medias, polo que a dirección do vento nesas capas será a adecuada para que nos chegue dita masa de aire cálido dende o continente veciño.

Non será un episodio moi duradeiro, como xa comentamos, o Mércores sería a xornada con temperaturas máis elevadas, a partir de aí (comentarémolo despois), é probable que, de novo, a atmósfera se inestabilice, con temperaturas máis frescas e chuvias que poderían vir con treboadas, o típico tempo "Primaveral"



Se observamos as anomalías previstas para o vindeiro Mércores 4, tanto a 850 hpa (1500 metros de altitude) e a 2 metros sobre a superficie, destaca a importante anomalía cálida que teremos, de ata +10ºC! Tanto a 2 metros como a 850 hpa. Isto en meses de Verán non sería destacable, pero hai que resaltar que vimos de semanas bastante frías e que este cambio xa a temperaturas cálidas notarémolo bastante. Aínda así, durará pouco, os días coas temperaturas máis elevadas serán Martes e Mércores.

-Alta probabilidade de chuvias a partir do Xoves


Como xa comentamos, a partir do Xoves a probabilidade de chuvia comeza a ascender debido a que teremos máis aire frío en altura que, combinado co aire cálido que teremos acumulado na superficie tras varios días de calor, provocará que as treboadas poidan estar presentes.

A gráfica que vedes mostra a evolución prevista polos modelos da temperatura a 500 hpa (liña superior) e das precipitacións (liñas inferiores). Cada liña é un escenario distinto, é dicir, unha liña pode marcar frío e chuvias, e outra calor e tempo soleado, é o que se lle chama un "ensemble". Observamos que a temperatura a 500 hpa (5500 metros) tende a descender a partir de mediados de semana, á súa vez, as liñas de precipitación comezan a abultarse, isto quere dicir que posiblemente estemos ante unha nova inestabilización da atmosfera e que, tras uns días de sol e calor, as chuvias, o tempo algo máis fresco e as treboadas volvan gañar protagonismo, tanto en Galicia como tamén en gran parte da Península. 

 
Iremos seguindo a diario o que a atmósfera nos vaia deparado na nosa páxina de Facebook e tamén na conta de Twitter

Se este artículo che pareceu interesante, comparte!

No hay comentarios:

Publicar un comentario