lunes, 22 de mayo de 2017

A CALOR SERÁ A PROTAGONISTA NOS VINDEIROS DÍAS. POSIBLES CAMBIOS PARA FINAIS DE MES.

Temperatura a 850 hpa prevista polo modelo ECMWF para o Mércores 23 de Maio.

Estamos a ter un mes de Maio moi cambiante. Os períodos de calor e tempo seco e solleiro intercálanse con outros de tempo mais húmedo, mais fresco e con chuvascos treboentos. En resumo, algo típico da Primavera. Ainda así, pouco a pouco aire frío comeza a estar mais relegado a latitudes altas, mentras que as masas de aire cálido van gañándolle terreo dende o sur. As entradas de calor comezan a ser mais frecuentes e as altas presións xa son as protagonistas. A corrente en chorro (unha especie de "autopista" de ventos moi fortes entre 7 e 12 km sobre o nivel do mar) xa non ten tantas meandrizacións, co que as borrascas profundas xa non nos afectan.

Por qué dicimos que esta semana vai ser bastante cálida? Ben, temos un anticiclón que se situará nas Illas Británicas e unha borrasca ao norte as illas Azores. Como xa comentamos outras veces, con esta configuración atmosférica, non nos queda outra que pasar calor. A presencia dese centro de baixas presións no Atlántico impulsará unha masa de aire cálido procedente do continente Africano. O anticiclón das Illas Británicas contribuirá a mandarnos vento seco do nordés, aínda que non soprará con moita intensidade. Con esta configuración a metade sur e centro da comunidade é a mais afectada polas altas temperaturas, xa que dita dirección do vento chega moi seca e quente a estas zonas, mentras que, por exemplo, na Mariña Lucense, ao ser un vento que lles chega directamente do mar, mantén as temperaturas a raia e ademais con algunhas nubes.

 Vexamos, por exemplo, como evolucionarán as temperaturas máximas e mínimas (valores aproximados) na capital de Galicia. Como vedes, o Martes, Mércores e o Xoves serán as xornadas mais cálidas da semana, con temperaturas máximas que superarán os 30ºC nas horas centrais do día, xa a partir do Venres deberían ir baixando paseniñamente, coincidindo coa chegada de inestabilidade. 

As temperaturas mínimas tamén serán bastante altas, a mediados de semana rondarán os 15/16ºC, ben podían ser valores de Xullo. E é que nas zonas mais cálidas de Galicia (val do Miño) poderán acadar máximas de ata ¡35ºC!, puntos como Leiro, Remuiño e arredores teñen moitas papeletas.

Ata o Xoves o tempo será moi estable, algunha nube pero de pouca importancia. A partir de aí, a probabilidade de treboadas aumentará, especialmente no interior de Galicia onde, froito da calor acumulada destes días e a chegada de aire frío en altura, medrarán nubes de evolución que poderán deixar chuvascos treboentos. Xa de cara o final de mes, a inestabilidade podería ser mais acusada pola chegada de algunha pequena borrasca dende o Atlántico, algúns escenarios modelísticos plantexas situacións moi interesantes para poder ver un episodio de treboadas xeneralizadas. Estaremos moi pendentes de como vaian evolucionando as seguintes saídas dos modelos, xa que é unha configuración que é moi interesante para a península Ibérica en canto a treboadas se refire.

  Se queres estar informado diariamente da última hora do que o tempo nos vaia presentando, pódesnos seguir en Twitter e tamén na páxina de Facebook.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario