lunes, 11 de septiembre de 2017

ÍNDICE NAO: QUÉ É, E COMO AFECTA A EUROPA?


visible
Imaxe de satélite visible do 23 de Decembro do 2009, circulación zonal moi baixa.

Para realizar un pronóstico a longo prazo, hai que ter en conta diversos factores de maior ou menor
importancia, entre eles, temos o índice NAO (North Atlantic Oscillation), que é algo moi importante a ter en conta na configuración meteorolóxica a longo prazo. Este índice "mide" a diferenza de presión entre a borrasca de Islandia e o Anticiclón das Azores.

Dito índice vai oscilando ao longo do ano, entre a fase negativa e positiva, ambas con consecuencias moi diferentes no continente Europeo en canto a estabilidade/inestabilidade se refire, xa que, se este índice se torna en fase positiva, os países do Norte de Europa son os que se ven afectados polas borrascas atlánticas e por intensos temporais de chuvia e vento, mentras que se se volve negativo, quen nota os efectos das borrascas máis profundas é o oeste/suroeste de Europa. Por qué? Agora o explicamos.

-Cando está en fase positiva..

Infografía de índice NAO en fase positiva.

Como xa comentamos, este índice mide a diferenza de presión entre a borrasca de Islandia e o anticiclón das Azores. Cando está en fase positiva, tanto a borrasca de Islandia como as altas presións das Azores se reforzan, é dicir, as borrascas gañan intensidade por latitudes altas mentras que, pola contra, as altas presións tamén se reforzan en todo o occidente Europeo, provocando que as borrascas circulen por latitudes altas.

Isto o que provoca é que o chorro polar (zona de ventos moi fortes situada entre 7 e 12 km de altitude e que supera con frecuencia os 300 km/h) esté moi forte , é dicir, que practicamente non se produzan meandros (vaguadas). Esta corrente de ventos intensos a gran altura, o chorro polar, é o que nos trae un determinado tipo de tempo ou outro, xa que, se este está forte, normalmente nos quedamos baixo a influencia das altas presións con estabilidade, tempo seco, e xeadas nas mañás de Inverno, mentras que se perde forza, falamos de vaguadas que son as que inestabilizan o tempo nas nosas latitudes.

-Cando está en fase negativa..

Infografía dunha fase negativa do índice NAO.

Cando se volve a fase negativa, os centros de acción perden forza, o chorro polar debilítase e comézanse a formar meandros (vaguadas) nesa corrente de vento. O anticiclón das Azores debilítase mentras que as altas presións das rexión polar collen forza, as borrascas baixan de latitude e afectan directamente á Península Ibérica.

Esta fase é, polo tanto, a mellor para que a situación sexa de moita inestabilidade no suroeste Europeo, xa que as borrascas que nunha situación de normalidade circulan por latitudes altas, baixan de latitude  enfilan directamente cara o suroeste de Europa, provocando así grandes temporais de chuvia, vento e neve, tal e como aconteceu, por exemplo, en Xaneiro de 2010, cando as altas presións se instalaron en latitudes altas, favorecendo así o paso de borrascas polo seu flanco sur. No seu avance cara o Mediterráneo, canalizan vento moi frío e seco do Nordés dende o interior de Europa provocando unha intensa vaga de frío que culminou o 10 dese mes cando se produciron nevaradas en cotas moi baixas da Península, froito dunha fronte cálida asociada a unha borrasca situada ao oeste do país e tamén ao aire frío acumulado de días atrás.

Como vedes, este índice é un factor de gran interés para o devir da situación meteorolóxica no continente Europeo, xa que dependendo de o que este nos indique, poderemos ter unha determinada configuración sinóptica ou outra.

-Onde se consulta? 
 
Ensemble Mean NAO Outlooks
O gráfico da esquerda é onde podemos consultar a diario este índice. Pero, qué nos indican os diferentes apartados?

-Se comezamos pola marxe superior, podemos observar, no primeiro gráfico, os valores rexistrados nos últimos meses, mentras que as liñas vermellas mostran as posibles tendencias para as vindeiras xornadas.

-O segundo gráfico móstranos os valores acadados nos últimos meses e a tendencia para os vindeiros 7 días.

-O terceiro gráfico móstranos os valores acadados nos últimos meses e a tendencia prevista para os vindeiros 10 días.

-O cuarto e último gráfico móstranos os valores acadados nos últimos meses e a tendencia prevista para os vindeiros 14 días.

É un índice do que falamos moito en Redmeteo, especialmente a partir do Outono, xa que é moi importante para saber a configuración que teremos a longo prazo. Tamén é necesario resaltar que podemos ter mal tempo sen que este índice esté en fase negativa, pero os episodios de máis importantes en canto a temporais se refire danse cando está en dita fase.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario