martes, 12 de septiembre de 2017

AGOSTO 2017: SECO E LIXEIRAMENTE CÁLIDO

Mapas de anomalías. Fonte dos datos: MeteoGalicia.

MeteoGalicia vén de sacar, como cada comezo de mes, a análise do mes anterior e, como se agardaba, foi, en xeral, seco en gran parte de Galicia con temperaturas lixeiramente por riba do normal. Aínda que as precipitacións foron intensas puntos, especialmente, da Mariña e sobretodo do sur de oeste de Ourense, acadando nesas zonas valores por riba do habitual, é un tipo de precipitación que non serve para arranxar a seca que levamos arrastrando dende fai ano e medio, xa que son chuvias moi fortes, de carácter torrencial que acumulan moita auga en moi pouco tempo, provocando, así, asolagamentos, tal e como aconteceu, e que non perduran no tempo. O que se necesita agora son episodios típicos do Outono-Inverno Galego, situacións de vento do suroeste con chuvias abundantes en practicamente toda a comunidade, que, sendo intensas (pero non torrenciais), acostuman durar moitos días, acumulando, así moita auga.

En canto ás temperaturas, estiveron lixeiramente por riba do normal, con anomalías positivas máis marcadas no interior da comunidade mentras, pola contra, en puntos do noroeste da provincia de Pontevedra e Coruña marcaron anomalías lixeiramente por debaixo do normal, aínda que non afectan a zonas tan extensas como as anomalías positivas. En canto ás temperaturas, destaca o episodio de intensísima calor dos días 20 e 21 de Agosto, con máximas por riba dos 40/41ºC en puntos do sur da comunidade (42ºC Leiro, 41,9ºC Remuiño,38ºC Pontevedra). Así o vivíamos no noso twitter:


De cara o 26 e 27 de Agosto, unha bolsa de aire frío en altura (técnicamente denominada DANA, Depresión Aislada en Niveis Altos) situouse ao oeste/sur da comunidade, provocando fortes treboadas, afectando con especial incidencia ao interior, con precipitacións moi fortes, refachos de vento intensos e, algo que foi bastante habitual, o pedrazo, que provocou moitos danos nos cultivos.


 
Agosto foi, polo tanto, un mes bastante variable no que a situacións meteorolóxicas se refire, alternando xornadas con temperaturas frescas con outras de moita calor, días de sol con outros de treboadas moi fortes.

  Se queres estar informad@ diariamente da última hora do que o tempo nos vaia presentando, pódesnos seguir en Twitter e tamén na páxina de Facebook.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario