viernes, 6 de marzo de 2015

FIN DE SEMANA PRIMAVERAL EN GALICIA




Tras varios días de chuvia dende o pasado Sábado, o Mércores volvimos a recuperar a influencia Anticiclónica en Galicia, pero non só a nosa comunidade se ve afectada polas altas presións, como vedes na imaxe visible de satélite, tomada esta tarde de Venres, o Suroeste de Europa está completamente limpo de nubes. 

A que se debe isto? Pois, o anticiclón exerce altas presións. Estas altas presións son as encargadas de desfacer as nubes, deixando así un ceo moi limpo. Tan só nos vales polas mañás se pode formar algunha néboa que non pode escapar, precisamente grazas a estas presións, pero estos días non son ningún problema, xa que non hai a humidade precisa para poder formalas.

-Imos seguir con este tempo durante a fin de semana?

Situación atmosférica prevista polo modelo GFS para o Sábado ás 18:00

A resposta está moi clara, . E é que como podedes ver na imaxe superior, a rexión de altas presións mencionada coincide perfectamente coa imaxe de satélite que encabeza este artículo, gran parte de Europa se ve condicionada polo Anticiclón, tan só o Sur de Italia e o Mediterráneo más Oriental -a parte das Illas Británicas- poden ter un tempo máis inestable.
 

 Temperaturas máximas estimadas para as xornadas de Sábado e Domingo

E non só iso, o bo tempo que teremos estará acompañado por un ambiente PRIMAVERAL grazas ás temperaturas que se darán durante a fin de semana, e é que como podedes ver no mapa, gran parte da comunidade Galega estará por riba dos 20ºC, incluso superando amplamente ese valor, como pode ser o caso do Val do Río Miño ao seu paso por Ourense, onde é moi posible que se acheguen ata os 25ºC mañá Sábado.

O Domingo as temperaturas descenderán algo, pero pouca cousa, polo que seguiremos con sensación de calor nas horas centráis do día.

                                                      
Dos mapas de símbolos, pouca cousa hai que decir. Xornada de Sábado con ceos moi despexados e con temperaturas en ascenso, tal e como comentaba unhas liñas máis para riba. O vento será moi pouco intenso, de dirección variable toda a xornada, moi semellante ao de hoxe.

O Domingo hai algunha novidade, é moi posible que durante a xornada nos crucen diversas liñas de nubes altas, as cales o único que farían serían poñer algo máis branco o ceo, moi pouco importantes. Iso si, contra a noite poden chegar nubes baixas á marxe Atlántica, debido ao vento do Oeste-Noroeste que se deixará notar algo máis, pero manténdose, aínda así, moi pouco intenso.

En resumo, fin de semana de tintes Primaveráis, con moito sol -sobre todo na xornada de mañá Sábado- con temperaturas por riba dos 20ºC na meirande parte de Galicia, chegándose ata os 25ºC no Miño Ourensán. O Domingo, lixeira baixada das temperaturas, pero aínda así moi agrables, con ceos máis brancos debido á chegada de nubes altas.

Se queres estar informado do tempo a diario, podes seguir esta páxina a traves de twitter (@RedmeteoP) ou a través de Facebook (facebook.com/RedmeteoP)

Un saúdo e a disfrutar da fin de semana!



No hay comentarios:

Publicar un comentario