domingo, 29 de marzo de 2015

O TEMPO NA SEMANA SANTA EN GALICIA


Esta fin de semana estivo marcada polas nubes, que foron especialmente abundantes na metade oeste onde, de vez en cando, caen algunhas chuviscadas, pero moi pouca cousa en xeral. Como exemplo, a pasada madrugada unha fronte moi desfeita atravesou Galicia, e deixou, ao seu paso, acumulados moi discretos, sirven de exemplo os 5,1 l/m2 acumulados no Monte Xesteiras (Cuntis-Pontevedra), que foi a maior cantidade de precipitación acumulada na comunidade Galega. Nas provincias de Lugo e Ourense, con esta situación de ventos do Oeste, dominaron os claros e con bastante sol, sobre todo polas tardes.


Pero, por qué temos tantas nubes e chuviscadas cando estamos baixo os efectos do Anticiclón?
-O anticiclón a día de hoxe está situado aínda lonxe de Galicia. Por iso, envíanos ventos do Oeste-Noroeste que, aínda que non nos traian chuvias abundantes, envíanos humidade dende o mar, en forma de nubes e chuviscadas, sobre todo na metade oeste, como comentaba unhas liñas máis arriba.

Pero isto vai ir mudando nos vindeiros días. A imaxe que encabeza este artículo mostra a situación meteorolóxica prevista para o Mércores. Observamos como a "A" do Anticiclón xa está situado moi preto de Galicia, nesa posición, canaliza ventos do Este-Nordés, xa con moita menos humidade (agás na Mariña). Obsérvase tamén como este Anticiclón actúa de "muro" contra as baixas presións (cores verdes e azúis), as cales circulan por latitudes superiores sen poder descender grazas ao efecto das altas presións

PREVISIÓN PARA O LUNS-MARTES-MÉRCORES


Comezaremos a semana como rematamos esta, moita nebulosidade na metade oeste onde, sobre todo pola mañá, pode caer algunha chuviscada. Xa pola tarde abriranse claros, sobre todo no interior. As temperaturas máximas ascenderán lixeiramente e as mínimas descenderán.

O Martes pouco a pouco a situación meteorolóxica vai ir mudando. Observamos como xa non hai tantas nubes no mapa, isto débese a que o Anticiclón cada vez vai estar máis preto e en dito día enviaranos ventos do Noroeste, co cal a zona con máis nubes de Galicia será a costa Coruñesa, con paso de nubes altas no resto da comunidade. En canto ás temperaturas, as máximas seguirán ascendendo (con máis sol) e as mínimas seguirán descendendo lixeiramente (menos nubes).

O Mércores xa estaremos baixo a influencia plena das altas presións. Teremos ventos do Nordés que limparán de nubes gran parte do ceo Galego, agás a metade Norte de Lugo, onde este vento sempre acumula máis nubes e incluso con posibilidade dalgunha chuviscada. No resto de Galicia, como vedes, moito sol, con algunha nube alta sen importancia. As máximas seguirán co seu ascenso, acadando valores Primaveráis na metade sur de Galicia, como por exemplo poden ser os 24ºC na cidade de Vigo, 22ºC en Pontevedra e Ourense.

NAS PRINCIPÁIS CIDADES GALEGAS


XOVES SANTO,VENRES SANTO E SÁBADO 4

-Cumpríronse os pronósticos e esta primera parte da Semana Santa estivo marcada pola nubosidade, sobre todo na metade Oeste e durante as mañás, cando incluso caíron algunhas chuviscadas. Xa pola tarde o panorama en moitas zonas era totalmente diferente, con ceos despexados e con temperaturas bastante agradables, hoxe Mércores, por exemplo, a temperatura máxima máis alta de Galicia rexistrouse en Leiro (no val do Miño Ourensán) marcando 27,8ºC , iso xa se pode chamar calor, e non ten pinta de remitir nos seguintes días, tal e como vou explicar agora.


O panorama para os días máis importantes da Semana Santa está bastante claro, o Anticiclón a pleno rendemento sobre nós, con un tempo moi tranquilo e Primaveral, pero, iso si, non imos ter o ceo moi limpo, xa que estarán moi presentes as nubes altas (sen importancia) que o único que farán será poñer algo máis branco o ceo, sobre todo durante o Xoves e o Venres, o Sábado veremos máis o sol pero entrará algo máis de aire frío en altura, polo que pola tarde é moi posible que vexamos algunha nube de evolución no interior da comunidade, pero en principio de pouca importancia.

E as temperaturas? Pois en claro ascenso, se hoxe xa se chegaron case aos 28ºC no Miño Ourensán, mañá xa se superarán os 20ºC na maior parte de Galicia, sobre todo nas Rías Baixas e na provincia de Ourense, onde non sería de extrañar ver a xente nas praias ou nos ríos.


Aquí vos deixo un pronóstico para as capitáis de Provincia Galegas, como vedes, temperaturas moi agradables e por riba dos 20ºC en moitos momentos, tan só en Coruña e sobre todo na cidade de Lugo experimentarán un descenso, nesta última será máis acusado o Sábado xa que o vento do Nordés enviará bastantes nubes por alí.

E qué pasará a partir do Sábado? Hai bastante incertidume aínda, pero todo indica que a inestabilidade volverá ás nosas latitudes, e semella que non haberá que agardar moito, se se cumpren os pronósticos, o Domingo xa teremos precipitacións, pero estamos en Primavera e todo muda nun instante, polo que non é fiable facer un pronóstico a bastantes días

Isto é o que mostra o modelo americano GFS na súa última salida en canto ás precipitacións, as cores azúis marcan as chuvias. Como vedes, a partir da primeira imaxe da segunda fila -a cal marca a precipitación estimada para o DOMINGO- as precipitacións estarían presentes case que todos os días da vindeira semana, pero queda moito e como dixen unhas liñas máis para arriba, non é fiable ver o tempo a tan longo prazo en Primavera.

Así pois, en resumo, tempo moi tranquilo nos días grandes da Semana Santa, con predominio de nubes altas sobre o ceo Galego, con menos o Sábado pero por contra con nubes de evolución no interior e nubes de estancamento na Mariña.

Se queres estar informado do tempo a diario, podes seguir esta páxina a través de twitter (@RedmeteoP) ou a través de Facebook (facebook.com/RedmeteoP)

 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario