jueves, 30 de abril de 2015

DETALLES DA SITUACIÓN METEOROLÓXICA NA PONTE DE MAIO

Situación prevista polo modelo GFS para o Sábado 2 de Maio.

Estamos ás portas de entrar en Maio, e a situación en Galicia non semella moi propia da época na que estamos. Xa hai uns días unha borrasca pasou moi preto da comunidade e deixou unha fin de semana moi inestable con chuvia abondosa e mesmo tamén algunha treboada durante a xornada do Domingo, Martes e Mércores tivemos días de tregua, de transición, días intermedios entre a borrasca da fin de semana e a situación inestable que estará con nós durante toda a ponte, xa de feito hoxe Xoves temos unha xornada chuviosa, sobre todo na metade oeste de Galicia.

Pero, POR QUÉ TEREMOS ESTE TEMPO INESTABLE?  A resposta é que o anticiclón das Azores, que é o que normalmente nos protexe da influencia das baixas presións que circulan polo oceano Atlántico, irase debilitando e quedará moi relegado a latitudes inferiores, que quere dicir isto? Pois que as borrascas gañarán terreno e instaurarase a famosa circulación zonal, que non é máis que o réxime de ventos do Oeste-Suroeste no hemisferio norte. E xa sabemos o que trae este vento a Galicia, sobre todo á metade oeste, chuvia abondo..


Seguramente, algúns de vós se preguntou por qué os maiores acumulados de precipitación, normalmente, se dan na metade oeste, a resposta e moi sinxela, e está explicada en forma de gráfico na imaxe que encabeza este párrafo. 

O vento do Suroeste chega cargado de humidade e de moitas nubes dende o Atlántico, ao chegar a terra, prodúcense as precipitacións que poden ser persistentes. Por iso non fai falta que para que chova en Galicia teña que vir necesariamente unha fronte ben marcada e definida, con vento do suroeste (moitas veces) xa chove, sobre todo nas Rías Baixas, como exemplo poden valer eses días tan monótonos moi típicos de por aquí, esas xornadas de moita nube baixa, moita humidade, e chuvia persistente durante todo o día,mentres Pontevedra pode acumular 30 l/m2 nun día, a cidade de Ourense pode chegar a non rexistrar nin un mísero litro.

Os modelos incluso intúen acumulados de máis de 150 l/m2 dende hoxe ata o Domingo en moitas zonas da marxe Atlántica, grazas a estes ventos do suroeste.

En resumo, PONTE PASADA POR AUGA en Galicia, sobre todo nas zonas do oeste da comunidade, con breves períodos de descanso entre unha liña de chuvias e outra. As temperaturas, iso si, manteranse en valores agradables, non vai facer frío nin moito menos, xa que estes ventos son bastante temperados, a parte mala, que traen mal tempo.

Se queres estar informado do tempo a diario, podes seguir esta páxina a través de twitter (@RedmeteoP) ou a través de Facebook (facebook.com/RedmeteoP)

Saúdos e boa ponte a todos! :)

No hay comentarios:

Publicar un comentario