viernes, 26 de junio de 2015

FIN DE SEMANA DE SOL E CALOR NO SUR. VISTAZO AO TEMPO DA SEMANA QUE VÉN.


Boas tardes.

Nesta tarde deste Venres 26 de Xullo estamos a ter unha xornada de bo tempo pero con temperaturas aínda bastante contidas no litoral Atlántico por mor do vento do oeste, o cal arrastra néboas e nubes baixas que manteñen a raia as temperaturas. Por contra, no interior da comunidade, en zonas como Ourense xa superan os 30ºC.


A principal novidade que teremos na fin de semana é que o vento xa non será do oeste e cambiará de dirección para o Norte. Isto fará que os neboeiros se vaian das Rías Baixas pero, por contra, cheguen ao litoral máis norte de Galicia, sendo máis mestas estas nubes nas primeiras e últimas horas do día.

No resto de Galicia, como vedes, moito sol e as temperaturas xa mañá Sábado comezarán a subir bastante nas Rías Baixas por mor da desaparición das néboas, valores que non andarán moi lexos dos 30ºC en zonas como Pontevedra, pero que aínda non deberían alcanzar. Xa máis ao interior superarán ampliamente os 30ºC en zonas como Ourense, xa fará bastante calor.

Por contra, na metade norte, a situación será moi semellante á que tivemos estes días nas Rías Baixas, temperaturas bastante frescas por mor das néboas e nas nubes baixas, superarán os 20ºC pero sen chegar a facer calor.

Xa cara o Domingo, a situación será practicamente a mesma, pero con máis calor no sur, chegando xa aos 30ºC na maior parte do sur de Galicia e superando ampliamente este valor en zonas, como de costume, pegadas ao Río Miño ao seu paso pola provincia de Ourense. Mentres, no norte de Galicia seguirán con valores de temperatura máis frescos por estas nubes.

E, para a semana que?


Como seguramente escoitaredes na televisión, chegará unha vaga de calor, pero a Galicia NON afectará. Fará calor pero non se chegarán aos valores que terán no interior da Península, superando os 40ºC... nada mal, non?

Aquí a calor durará, de forma máis xeneralizada, dende Domingo ata o Martes, con valores que o Luns serán moi altos, non me extrañaría nada que as temperaturas máximas estiveran moi preto dos 40ºC en zonas pegadiñas ao miño Ourensán.

Como vedes na imaxe que encabeza estes tres parágrafos, unha masa de aire cálido Africano ascenderá moito de latitude, incluso poden chegar a marcar valores extremos de temperatura en zonas como o sur de Inglaterra... esta masa de aire cálido vén impulsada por unha vaguada no Atlántico que, veremos se chega a afectar a Galicia a partir do Mércores, deixando algunhas chuvias, ao mellor, en forma de treboadas polos fortes contrastes térmicos dos días anteriores, e do aire frío que chegaría dende o Atlántico.. veremos como evoluciona.

 

Neste video vese ben como evolucionarán as masas de temperatura, fixádevos como a masa de aire cálido chega directa dende África e de súpeto, cara mediados da semana que vén, é substituída por unha masa de aire moito máis frío que chega dende o Atlántico, veremos que consecuencia ten iso, como xa comentei, é posible que eses contrastes fagan que se formen treboadas, irémolo vendo.


E, xa pra ir rematando este artículo, o mapa superior mostran as anomalías de temperatura a 2 metros, é dicir, a que sentimos nós. Como vedes, en Galicia teremos unha anomalía moi cálida, teremos entre 10 e 12ºC máis do que vén sendo normal este Luns 29..

Déixovos uns consellos para levar mellor esta calor que teremos os vindeiros días, vamos, o que toca, que xa é Verán!



Como xa sabedes, podedes seguir a última hora da situación meteorolóxica en Galicia a través de twitter (@RedmeteoP) e tamén en Facebook (RedmeteoP).

Un saúdo e a disfrutar deste tempo de Verán!

No hay comentarios:

Publicar un comentario