viernes, 3 de julio de 2015

FIN DE SEMANA CON ALGÚNS CAMBIOS

Imaxe de satélite visible

Ola. Estamos a comezar este Venres 3 de Xullo con moita nube alta, non ten moita importancia xa que non deixa chuvias, pero si que anuncia cambios que chegarán contra a tarde deste Venres. E é que como vedes na imaxe de satélite que encabeza este artículo, unha fronte fría que está no Atlántico disporase a entrar na nosa comunidade contra esta tarde, non deixará chuvias de importancia, pero mollará, que boa falta lle fai aos nosos campos



A imaxe anterior mostra a última saída do modelo HIRLAM, o que usa a AEMET  para os seus pronósticos. Como vedes, mostra unha liña de precipitacións entrando a Galicia dende o Atlántico xa contra esta tarde. Como xa dixen antes, non deixará chuvias de importancia, pero as máis intensas e frecuentes daranse no Oeste-Suroeste da provincia de Coruña e tamén na provincia de Pontevedra, sobre todo canto mais ao norte da provincia nos encontremos.

A fronte comezará a entrar xa nas primeiras horas desta tarde en Galicia, e farao por onda sempre, é dicir, polo oeste de Coruña. Xa co avance das horas, as chuvias iranse extendendo ao resto da comunidade, sendo menos intensas e persistentes no interior da comunidade, Lugo e Ourense. Quedará unha madrugada con chuvias febles intermitentes en case que toda Galicia, pero, como repetín xa antes, sendo máis importantes nas dúas provincias Atlánticas, pero xa digo, non é moita a auga que nos trae esta fronte, pero será ben recibida polos nosos campos.

E, das temperaturas, como vai andar esta fin de semana?


Védelo ben neste mapa. Mostra as temperaturas previstas para esta fin de semana a unha alta de 850 hpa (1500 metros de altitude). Seguramente escoitaredes falar de que se achega outra vaga de calor para a Península esta fin de semana, pero, en TODA? Pois claro que non! Sempre se esquecen de Galicia.

E é que como mostra o mapa, boa parte da Península Ibérica quedará sumida baixo os efectos dunha gran lingua de aire cálido procedende do Norte de África, isto fará que moitas zonas superen, de novo, os 40ºC, de feito xa hai moitos avisos activados por parte da AEMET por temperaturas máximas moi altas..

Aquí, esa calor tocará de refilón, tan só en Ourense terán calor, calor, pois por alí chegarán aos 30ºC e mesmo superaranos de cara ao Domingo, pero boa parte de Galicia rondará os 25ºC, sobre todo canto máis ao sur e interior nos encontremos, é dicir, temperaturas agradables, nin calor, nin frío, estarase ben. Só na Mariña Lucense poderá facer algo máis de fresco o Domingo xa que, o cambio do vento a Nordés, como xa sabedes, alí acumula moita nube e polo tanto as temperaturas son moito máis frescas.

Vamos xa con máis detalle para a fin de semana:


Imos cos mapas de símbolos que vos preparei. Mañá Sábado pola mañá aínda quedarán restos da fronte que nos atravesará esta tarde-noite, polo que no oeste e Norte da comunidade os ceos estarán bastante anubrados e mesmo pode caer algunha chuvieira feble intermitente, pero canto máis ao interior máis sol.

Pola tarde, as nubes cada vez van ir a menos, sobre todo polo oeste de Galicia, e quedará unha tarde tranquila, con máximas rondando os 30ºC en Ourense e os 25ºC na maior parte da comunidade, temperaturas agradables para disfrutar dunha boa tarde na nosa comunidade. Ademáis, o vento non será de importancia, co paso da fronte virará de suroeste a Noroeste, o normal.


O Domingo xa iremos recuperando a influencia anticiclónica. Aínda así haberá paseo de nubes, máis ben altas agás na Mariña onde, como comentei unhas liñas máis arriba, o nordés acumulará bastantes nubes, ambiente bastante cuberto por alí.

As temperaturas máximas ascenderán, polo que se superarán os 25ºC en boa parte de Galicia, pero sen excesos. En Ourense si que xa superarán os 30ºC, pero calor NORMAL para esta época do ano, tampouco fora do normal.

En resumo, hoxe toca fronte con algunhas chuvias, mañá pola mañá aínda quedará algún resto pero co paso das horas tenderá a despexar, e Domingo, xa tempo máis de Verán, pero sen calor xeneralizado.

Como xa sabedes, podedes seguir a última hora da situación meteorolóxica en Galicia a través de twitter(@RedmeteoP) e tamén en Facebook (RedmeteoP).
Un saúdo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario