domingo, 12 de julio de 2015

TEMPO DE VERÁN NOS VINDEIROS DÍAS

Situación prevista para o Luns a unha altitude de 1500 metros

Estamos comezando outro periodo anticiclónico, de feito, hoxe Domingo xa superamos os 30ºC en moitos puntos do interior da comunidade Galega, valores que irán en aumento nos próximos días, sobre todo polo sur, onde, para mañá Luns, xa temos un aviso amarelo por temperaturas máximas de ata 36ºC. Onde? Onde sempre, no Miño Ourensán!

Na imaxe que encabeza este artículo, observamos a situación de temperatura prevista para mañá Luns a un nivel de 850 hpa (1500 metros de altitude), vemos como esa lingua de aire moi cálido chega ata a nosa comunidade, temperaturas de ata 20ºC nese nivel (non é nada fora do normal, pero eleva as temperaturas), isto tradúcese en máximas ampliamente por riba dos 30ºC no interior de Galicia.

TEMPERATURAS MÁXIMAS




Pero, hay que matizar. Na metade Norte, o vento do Norte-Nordés manterá as temperaturas máis a raia, sobre todo na Mariña e tamén no Noreste de Coruña, rondando os 22-24ºC de Luns a Mércores, é dicir, temperaturas agradables, pero nada de calor.

Por contra, cando máis ao interior e sur da comunidade nos vaiamos, máis calor, amplias zonas de Pontevedra, Lugo e, como non, Ourense, rondarán os 30ºC, pero coma sempre as zonas de máis calor serán a Conca do Miño e Valdeorras.

ANOMALÍAS DE TEMPERATURA


Fará calor, e polo tanto as temperaturas estarán por riba do normal. Na imaxe superior vemos as anomalías de temperatura a 2 metros, observamos como estarán por riba do normal en gran parte de Galicia, entre 4 e 7ºC por riba dos valores normais, agás no extremo Norte, onde, como xa dixemos, as máximas estarán máis a raia grazas ao vento do Norte e tamén ás nubes que de vez en cando se pasearán por alí

CANDO ACABARÁ ESTE TEMPO DE SOL E CALOR? Pois semella que a partir de mediados de semana, as  temperaturas PODEN experimentar un descenso, baixa que se faría máis notoria de cara a fin de semana, veremos canto dura. O que non se atisba, polo de agora, é unha situación de inestabilidade medianamente decente, pode rozarnos algunha fronte, en todo caso moi moi desfeita, que o único que deixaría sería máis nubosidade e algunha chuvia feble.

Como xa sabedes, se queredes estar máis informados da situación meteorolóxica, case case a tempo real, podedes seguir este blog a través de twitter (@Redmeteop), e tamén a través de Facebook (facebook.com/RedmeteoP)

No hay comentarios:

Publicar un comentario