viernes, 11 de septiembre de 2015

EN PROCESO UN TREN DE FRONTES ATLÁNTICAS


Estamos a Venres 11 de Setembro, un mes no que, como xa comentamos no anterior post, o Outono comeza a mostrar a súa cara en forma das primeiras frontes de entidade da temporada. Aínda que esta semana está a ser bastante estable (a excepción do pasado Mércores, cando se produciron chuvias febles que acumularon moi pouca auga), o certo é que practicamente non choveu nada dende que comezou Setembro, e todo indica que o que non choveu ata agora podeo facer nos vindeiros 7 días.

E é que como vedes na imaxe, a situación curto-medio prazo é que a inestabilidade vaia gañando terreo e varias borrascas coas súas frontes asociadas nos afecten, e todo indica que, cada fronte vai ser máis activa ca anterior, con especial atención á POSIBLE fronte do vindeiro Mércores, pero sobre iso xa falaremos unhas liñas máis abaixo.

Todo isto vén provocado polo debilitamento do Anticiclón das Azores, que é o que normalmente nos protexe das borrascas Atlánticas. Este anticiclón, ademáis situarase demasiado ao Oeste, polo tanto as borrascas poderán circular sen problemas, co cal Galicia quedará completamente descuberta, sen protección, ante as embestidas das diversas frontes Atlánticas.


Ademáis, case que todos os modelos coinciden. Fixádevos nas anomalías previstas polos ensembles GEPS, claras anomalías positivas no Noroeste da Península, polo que cabe esperar que as chuvias, sexan, nalgúns puntos, moi abundantes.


A imaxe superior mostra os acumulados agardados polo modelo GFS no Atlántico norte ata a fin de semana da próxima semana. Observamos o que comentábamos anteriormente, moi poucas precipitacións no radio de acción do Anticiclón das Azores e, como polo norte deste centro de altas presións, imperan as borrascas, os fortes ventos e as chuvias persistentes e intensas que previsiblemente virán a parar a Galicia a partir desta mesma tarde.

1ª FRONTE: Chegará esta tarde noite, cruzará bastante rápido a comunidade pero ao seu paso pode deixar chuvias puntualmente moderadas, sobretodo nas provincias Atlánticas, como é normal con este tipo de frontes. Así atraversará a comunidade:

2ª FRONTE: O Domingo (máis ben madrugada). Esta fronte será xa máis activa que a de hoxe, deixará chuvias persistentes nas provincias Atlánticas na madrugada e tamén a primeiras horas. Deixará, en principio, acumulados bastante destacados de auga en zonas ben orientadas ao oeste.

Tralo paso da fronte, quedará unha xornada Outonal con chuvascos intermitentes, puntualmente moderados e que mesmo poden deixar algunha treboada puntual. Tamén cabe destacar a forza do vento xa que promete soprar con refachos fortes durante toda a xornada, en especial no litoral e en zonas altas.

3ª FRONTE:

Modelo ECMWF.

Tras unha breve tregua na xornada do Luns, o Martes contra a tarde volverían as precipitacións ao litoral Atlántico, e a partir de aquí é cando hai que prestar moita atención xa que, previsiblemente, os restos da tormenta tropical "HENRI" (que agora mesmo se encontra no Atlántico), xuntaranse con outra depresión e hai moitas posibilidades de que esta "unión" convertida en borrasca bastante activa acabe afectando a Galicia na xornada do Mércores.

Cómo nos afectará? Pois en forma dunha fronte moi activa que, a día de hoxe, promete deixar acumulados moi destacables de auga no oeste da comunidade, serían precipitacións abondosas e ademáis persistentes. Isto tamén acompañado de fortes ventos do Suroeste.

Tralo paso da fronte, na xornada do Xoves quedaríamos nunha xornada típicamente post frontal, con chuvascos, puntualmente moderados, vento do Noroeste e baixada das temperaturas, o que ven sendo un tempo Outonal!! 

Así pois, entramos nunha dinámica de ventos do Oeste que trairán a Galicia frontes que prometen deixar bastante auga para a vindeira semana (se nada cambia), con temperaturas frescas e ventos do Oeste-Suroeste bastante intensos coa chegada de cada fronte, con especial atención á POSIBLE (digo posible porque non hai nada claro a tantos días vista, e máis tratándose dunha borrasca de orixe tropical) fronte do Mércores que promete deixar moita auga.

Información en tempo real e estar informad@ da situación atmosférica que imos ter no twitter do blog (@Redmeteop) e tamén na páxina de Facebook (redmeteo)

No hay comentarios:

Publicar un comentario