viernes, 27 de noviembre de 2015

FIN DE SEMANA CON AMBIENTE FRÍO E UNHA OLLADA A LONGO PRAZO

Imaxe infravermella con isobaras, tomada ás 9:00 de hoxe Venres
 
Como xa viña avanzando en Twitter e en Facebook, esta semana esta sendo Anticiclónica, pero con matices. Por unha banda, o fluxo de compoñente Norte está deixando temperaturas bastante á raia, xa máis propias da época do ano da que nos encontramos, aínda que as mínimas, por agora, non son moi baixas na meirade parte da comunidade Galega, xa que o ceo encóntrase con bastante nebulosidade.


Moitas nubes xa que estamos no lado máis externo do Anticiclón. O que pasa nesta zona é que chegan, dende o Norte, diversas bandas de nubes que deixan ambiente moi húmido, e orballos ocasionais, máis "intensos" e persistentes no norte de Galicia.


Na fin de semana, irá mudando o conto. Pero antes, a partir desta mesma tarde, irán aumentando as nubes e xa contra as últimas horas, unha fronte, non moi activa, entrará polo norte de Galicia e barrerá a comunidade de Norte a sur na madrugada do Sábado, non deixará chuvias de importancia, máis ben orballos, aínda que nalgún punto, especialmente en Coruña, por momentos pode caer con intensidade puntualmente moderada.

Co avance da fronte, que irá desgastándose a e medida avance cara o sur, irán quedando os ceos máis limpos de nubes, especialmente no sur de Galicia, o que provocará que as mínimas xa baixen, en puntos do interior, a valores que rondarán os 0ºC e mesmo acaden valores negativos.

Na xornada de mañá Sábado, aínda nos encontraremos bastantes nubes no norte da comunidade, especialmente durante a mañá, pero deberían ir a menos co avance da tarde. No sur, tal e como vedes no mapa, ceos despexados, pero con néboas nos vales do interior, grazas á humidade acumulada polas chuvias da fronte.

Ademáis, as temperaturas máximas descenderán, encontrándonos en valores que rondarán entre os 8/12ºC según zonas. Será unha xornada máis fresca que hoxe Venres.

O Domingo, xornada puramente Anticiclónica, con ceos completamente despexados -algunha nube pode chegar ao norte de Galicia-, e temperaturas máximas que ascenderán, acadando xa valores superiores aos 12ºC en moitos puntos da comunidade, unhas temperaturas moi semellantes ás que estamos a ter hoxe.

Pero, ollo coas mínimas...

Aínda que polo día non faga moito frío, polas noites, ao quedar o ceo despexado, arrefriará, e moito. Estamos falando de temperaturas que quedarán baixo cero en moitos puntos do interior Galego, e que se achegarán aos 0ºC en máis zonas da comunidade, tal e como vedes na imaxe superior, que representa as temperaturas mínimas que se agardan tanto para Sábado como para Domingo, aínda que hai que destacar que nalgunhas zonas estes mapas poden subestimar as mínimas que se dean finalmente. Non se descarta que sexan máis baixas. 

Ollo, polo tanto, á formación de néboas e tamén ás xeadas. 

E a longo prazo, qué?

De momento, non se atisban grandes cambios, pero haberá que estar atentos nos vindeiros días, xa que os modelos empezan a intuir algo máis de movemento a partir da primeira semana de Decembro, co ascenso do Anticiclón a latitudes superiores, formando o denonimado "Anticiclón Escandinavo", xa que se sitúa pola Península Escandinava.

Isto, o que provocar é que, no Atlántico, haxa vaguadas que poden afectar a Galicia deixando chuvias con situación de vento ábrego (Suroeste). Pero estamos a falar de tendencias a moitos días, co cal todo prognóstico perde validez, pero semella que "algo" se empeza a ver, estaremos atentos.


 

Podes compartir este artículo nas redes sociais, e estar informado de todas as novidades que se vaian presentando no ámbito meteorolóxico por Twitter (@Redmeteop), e tamén por Facebook (Redmeteo)

Un saúdo a todos os lectores deste blog!

No hay comentarios:

Publicar un comentario