martes, 1 de marzo de 2016

¿CÓMO SERÁ MARZO?


Rematamos un Febreiro que se caracterizou por ter un pouco de todo en canto ao tempo en Galicia. A mediados de mes estivemos afectados polas baixas presións que deixaron un temporal de chuvias moi intenso con acumulados destacables en gran parte da comunidade, incluso superándose algún día puntual os 160 mm en bastantes puntos, o que deu lugar a que moitos ríos non puideran máis e se desbordasen, causando bastantes problemas.


A finais de mes, é dicir, a pasada fin de semana, tivemos o temporal de neve máis intenso do que levamos de Inverno, e é que a neve visitou puntos moi pouco habituáis, como por exemplo o Monte Castrove que, a pesar dos seus 600 metros de altura, pésalle moito estar en plena ría de Pontevedra, polo que moi poucas veces se ve nevado, pero o pasado Sábado despertou cunha nevarada discreta, e incluso seguiu nevando durante gran parte da mañá, aínda que pouco a pouco foi subindo a cota. A imaxe que vedes amosa o Monte Cregos na mañá do Sábado, totalmente nevado, cunha boa capa de neve.. que teremos en Marzo, os campos brancos ou, por contra, verdes e con colorido como no pobo da esquerda?

MODELO ECMWF:


Vexamos que nos mostra o modelo Europeo. Na imaxe da esquerda observades as anomalías de precipitación, e na da dereita as anomalías da temperatura. Según este modelo, en todo o suroeste Europeo, incluida a Península Ibérica dominaría unha anomalía negativa de precipitación, como vedes, esas cores alaranxadas indican chuvias por debaixo da media. Non así, por exemplo, en practicamente todo o Norte, Centro e leste do continente onde as cores se tornan xa azuladas indicando que as precipitacións estarían por riba do normal.

Miramos agora para o mapa da dereita. Observamos as cores cálidas coas que o modelo "pinta" toda Europa, isto indica que as temperaturas estarían por riba do normal, especialmente no leste onde as cores son moito máis fortes, non así na Península onde, incluso Galicia se pode librar de ter temperaturas lixeiramente por riba da media.

MODELO CFS:


O CFS móstranos un panorama semellante ao Europeo, pero con lixeiros matices. Nun primeiro lugar destaca a coincidencia coa que o ECMWF e o CFS mostran unha forte anomalía negativa de precipitacións no Oeste/Suroeste da Península Ibérica, agás no Cantábrico oriental onde as precipitacións estarían no normal (sen pintar) ou incluso lixeiramente por riba do normal, como vedes nesas cores verdes. Según o modelo, as chuvias estarían no normal en todo o centro de Europa, sendo inluso un mes máis húmido no leste.

En canto ás temperaturas, aquí xa se notan máis cambios. O CFS, ao contrario do Europeo, deixa sen pintar a todo o suroeste de Europa, con isto indícanos que as temperaturas estarían nos valores normais para Marzo, sendo un mes máis calido no Norte e Leste do continente.

Estaremos, por tanto, ante un mes de Marzo no que o Anticiclón das Azores se mostre robusto no Atlántico, enviando vento de compoñente Norte que deixaría precipitacións no Cantábrico e temperaturas nos valores normais? Ou teremos todo o contrario? Recordemos que estas previsións non son de todo fiables, terémolo que tomar como unha posible tendencia.

Nunhas semanas sairemos de dúbidas!

 Síguenos en Facebook e tamén en Twitter
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario