viernes, 26 de febrero de 2016

CHEGA A ESPAÑA UNHA MASA AIRE FRÍO POLAR MARÍTIMO


Como xa vimos seguindo na nosa páxina de Facebook e tamén en Twitter durante toda esta semana, o ascenso do Anticiclón das Azores a latitudes algo máis altas (non moi pronunciado) favorecería que no entorno da Península Ibérica se instalara un réxime de baixas presións debido a unha borrasca polar que descendería pola cara leste do Anticiclón. Esta borrasca Polar será a encargada de inestabilizar e moito o tempo nas vindeiras horas.

Por? Pois porque esta borrasca arrastra unha masa de aire moi frío (aire frío polar marítimo) dende latitudes moi altas, e, ademáis. Isto traducirase nun descenso pronunciado das temperaturas, e tamén da cota de neve, que se situará en valores moi baixos durante a madrugada do Sábado.

PRONÓSTICO



Tarde do Venres: Pola mañá estamos a ter ceos moi anubrados debido ao paso dun sistema frontal que nos está deixando precipitacións que por momentos son fortes. Xa pola tarde o aire frío comezará a entrar e deixaranos un réxime de chuvascos intermitentes, que por momentos poden ser puntualmente fortes e vir acompañados de sarabia e treboadas. A cota de neve comezará a descender e xa a última hora da tarde se situará en torno a uns 400/500 metros, cota sempre aproximada, xa sabedes que é case imposible acertar á perfección no tema da neve.

O vento soprará do Noroeste, moderado con intervalos fortes, o que aumentará a sensación de frío.

Madrugada do Sábado: A situación complícase máis. Teremos a masa de aire frío xusto enriba e a cota de neve desplomarase ata tan só 300 metros de altura. Ollo porque puntualmente, nalgún chuvasco intenso, poderase ver nevar en cotas máis baixas, polo que non se descarta que desperten brancas zonas nas que non estaban previstas que nevara. E tamén pode pasar o caso contrario, que en zonas nas que estaba previsto que nevara, non neve. É unha situación moi complicada de predecir xa que todo depende de pequenos detalles, pero unha mínima variación, cambia todo.


Coma sempre, seguiremos con detalle este episodio na paxina de Facebook e tamén en  Twitter

No hay comentarios:

Publicar un comentario