sábado, 9 de abril de 2016

UNHA BORRASCA DEIXARÁ CHUVIAS INTENSAS A PARTIR DO DOMINGO


Como xa viñamos seguindo en Facebook e en Twitter, Abril iba comezar con inestabilidade atmosférica na nosa comunidade e tamén na Península, e así está sendo. Tras uns días sen chuvias en Galicia, a partir de mañá Domingo estaremos influenciados por unha gran zona de baixas presións que se situará entre as Illas Británicas e o noroeste da Península Ibérica, e quedará estancada nesa zona durante varios días, mandando diversas frontes que deixarán chuvias intensas, vento, treboadas, sarabiadas..


E é que temos dúas zonas de altas presións, unha no Atlántico, unha dorsal Anticiclónica que tenderá a subir de latitude provocando un "bloqueo". A natureza non soporta os contrastes e, para compensar ese ascenso dunha masa de aire cálido ata latitudes moi altas, unha gran masa de aire frío descenderá polo flanco leste dese Anticiclón, esta será a que nos afectará e deixará temperaturas máis ben frescas. Por outro lado, se nos imos ao Mar Mediterráneo, tamén teremos unha dorsal Anticiclónica subindo por esas zonas, polo que a borrasca da que falabamos non terá para onde moverse ou escapar e quedará estancada, afectándonos durante gran parte da vindeira semana.

Con ese ascenso da masa de aire cálido a latitudes altas, en Groelandia, por exemplo, terán unhas temperaturas de máis de 10/12ºC por riba do normal! Aínda que non pasa con moita frecuencia, sí que é algo relativamente habitual cando se forman meandros na corrente en chorro, con dorsales que ascenden con bo tempo e temperaturas máis altas do normal, e vaguadas que descenden a latitudes máis baixas, provocando un tempo revolto e fresco, así é a dinámica atmosférica!


Nesta animación podemos observar como se irán movendo as precipitacións a partir de hoxe Sábado. Como xa viñamos comentando en liñas anteriores, gran zona de baixas presións ao noroeste da Península que se quedará máis ou menos estática durante varios días e que irá mandando diversas bandas de precipitación e liñas de inestabilidade que irán chegando a Galicia e que deixarán precipitacións que por momentos poden ser fortes.

Ao ter precipitacións intensas durante varios días, os acumulados no oeste de Galicia serán moi elevados, incluso o modelo GFS ve cifras de máis de 200 mm en moitos puntos das provincias Atlánticas! Co que, de novo, haberá que estar pendentes de como van evolucionando os ríos por posibles enchentes, recordemos que vimos de 3 meses moi húmidos na comunidade e que xa van moi cheos.

Se botamos unha ollada xa máis xeral, a nivel Peninsular, vemos como a marxe Mediterránea será a menos beneficiada por este episodio, como é normal cando se trata de ventos do Oeste, incluso por alí, ademáis de ter bastante sol, incluso as temperaturas poderán chegar a marcar xa valores de calorciño! Vaia diferenzas que temos en España, mentras en Galicia temos fresco e chuvias intensas, en puntos como Murcia, por exemplo, o sol luce con forza e pódese andar en manga curta.

-ALTA PROBABILIDADE DE TREBOADAS


Ao ter a borrasca tan preto, teremos moito aire frío en altura, o que propiciará a formación de nubes de gran desenvolvemento vertical que descargarán treboadas, con aparato eléctrico, chuvias fortes, vento, e incluso saraiba.

O mapa anterior mostra o CAPE (Enerxía dispoñible para a formación de treboadas) e o LI (Lifted Index), previstos para o vindeiro Martes. Como vedes, valores bastante altos na nosa contorna, o que nos pode dar unha idea de que as chuvias virán con treboadas que serán máis probables canto máis ao oeste nos desprazemos. A día de hoxe, as Rías Baixas serían a zona con máis papeletas para recibir treboadas nos vindeiros días, onde poden ser puntualmente fortes e, como xa comentamos, poderán vir con saraiba.

Así pois, temos por diante bastantes días de inestabilidade atmosférica, con chuvias que serán máis fortes e persistentes nas provincias Atlánticas, onde poderán vir con treboadas e son saraiba. Ademáis, o vento do Sur/Suroeste deixarase notar, polo que o ambiente será aínda máis desaplacible.

Iremos seguindo a diario este episodio que se nos aveciña na nosa páxina de Facebook e tamén na conta de Twitter, onde poderás estar informado da última hora do que vaia acontencendo.

Se este artículo che pareceu interesante, comparte!

No hay comentarios:

Publicar un comentario