lunes, 7 de noviembre de 2016

OUTUBRO REMATOU MOI SECO E CÁLIDO EN GALICIA


Outubro, normalmente, acostuma ser un mes nos que xa nos visitan os primeiros temporais de chuvia e vento serios do Outono, xunto con Setembro, pero este ano, agás varias frontes que deixaron bastante auga en pouco tempo, foi un mes, en xeral moi seco e cálido en Galicia.


E é que, como vedes na ilustración superior, a porcentaxe de precipitación foi baixa en toda a comunidade, especialmente na comarca de Valdeorras onde as precipitacións foron moi escasas. Os valores algo máis "normais" encontrámolos nas provincias atlánticas, especialmente en Pontevedra, pero aínda así con rexistros por debaixo do que ven sendo normal. A cantidade máxima de precipitación mensual rexistrouse en Fornelos de Montes (Pontevedra) acumulando 159 l/m2, cantidade bastante discreta para o que nos ten acostumados esta zona.

En canto ás temperaturas, foi un mes cálido en Galicia debido ás continuas situación de sur. Vemos no mapa anomalías positivas bastante marcadas no leste de da comunidade e tamén, por exemplo, en Caldas onde a anomalía positiva chega ata +3ºC. Temperaturas bastante cálidas para a época, especialmente a finais de mes.

 ¿Por qué Outubro foi cálido e moi seco?

A figura da esquerda mostra o xeopotencial a 1000 mb, observamos unha forte anomalía positiva na zona de Escandinavia. E é que por alí foron recurrentes os bloqueos anticiclónicos e o posiconamento das altas presións nesa zona. Polo tanto, ese bloqueo obrigaba ás borrascas circular por latitudes máis baixas, e iso móstrase na lixeira anomalía negativa que vemos ao oeste/suroeste da Península Ibérica. 

Foron bastante frecuentes as borrascas ao oeste de España. Dende aí, enviaban ventos do sur e frontes que afectaban con máis intensidade e persistencia ao suroeste da Península, mentras que en Galicia as frontes, moi activas iso si, pasaban moi rápido e polo tanto non acumulaban moito. Con esas borrascas ao oeste Peninsular, canalizaban vento do sur/surleste que impulsaban aire cálido dende o continente Africano, provocando acusados descensos térmicos con intrusións de polvo en suspensión e temperaturas que chegaron a 30ºC nalgunhas zonas do sur de Galicia.
  
Se queres estar ao tanto das últimas novidades que se nos vaian presentando, síguenos en Twitter e Facebook

Se o artículo che pareceu interesante, comparte!

No hay comentarios:

Publicar un comentario