viernes, 18 de noviembre de 2016

DÚAS BORRASCAS AFECTARÁN A GALICIA ESTA FIN DE SEMANA


Imaxe de meteosat infravermella+presión en superficie. Mostrando a borrasca de mañá Sábado ao sur de Groelandia e que se irá achegando a Galicia .

Tal e como viñamos seguindo estos días na nosa conta de Twitter e en Facebook, confírmanse esos cambios para esta fin de semana. E é que dúas borrascas afectarán a Galicia, asociadas a unha vaguada, e que deixarán días típicos da época na que estamos, con xornadas de vento, chuvias, frío.. un pouco de todo, o que vai tocando en Novembro.

Serán dúas borrascas as que nos van afectar, como xa comentamos. A primeira será máis profunda pero pasará algo máis lonxe de Galicia, e deixará chuvias e ventos intensos a partir desta mesma tarde. As cantidades máis cuantiosas de auga acumularanse no suroeste de Coruña e tamén no interior de Pontevedra, onde puntualmente se poden superar os 60 mm en 12 horas. A segunda borrasca, que pasará máis preto pero será menos profunda, afectaranos a partir da tarde do Domingo e o Luns, deixando, de novo, fortes refachos de vento e chuvias que mesmo poderán vir acompañadas de treboadas e tamén de saraibadas.

➪A primeira borrasca afectaranos na tarde e noite do Sábado.

Precipitacións estimadas polo modelo ECMWF de 19:00 a 22:00h do Sábado

Esta borrasca, aínda que será bastante profunda, pasará máis lonxe de Galicia, dirección ás Illas Británicas, co que o temporal non será tan serio coma se pasase moi preto. Os seus efectos comezarémolos a notar a partir da tarde coa entrada dunha fronte activa que deixará chuvias persistentes e puntualmente moderadas na marxe Atlántica, podéndose acumular cantidades importantes de auga no oeste/suroeste de Coruña e na provincia de Pontevedra, estando estas zonas en aviso amarelo por acumulados de máis de 40 l/m2 en 12 horas. Ademáis, nos "orinais" habituáis da costa de Coruña e no interior de Pontevedra pódense superar amplamente os 40 l/m2, mesmo rexistrar máis de 60 l/m2.

Moito ollo tamén ao vento, practicamente toda Galicia, exceptuando o val do Miño e o sur de Lugo está en aviso amarelo por refachos de máis de 80 km/h na tarde do Sábado, rexistrándose os maiores refachos en zonas altas e especialmente na costa norte de Coruña e Lugo, onde se superarán amplamente os 100 km/h. Por iso, na Mariña Lucense xa está activado o aviso laranxa por refachos de máis de 100 km/h na tarde do Sábado, polo que moita precaución, día de Inverno.

➪  A segunda borrasca, a partir do Domingo á tarde.

 Precipitacións previstas polo modelo ECMWF para a noite do Domingo
 
A partir da tarde da xornada Dominical comezará a afectarnos a segunda borrasca, que virá xusto detrás da que nos afectará o Sábado. Esta, aínda non será tan profunda, pasará máis preto, co cal teremos máis frío en altura e chuvias intermitentes que por momentos poderán ser puntualmente fortes e vir acompañadas de treboadas e tamén de saraiba nalgúns casos, especialmente no oeste da comunidade, onde se poderán rexistrar cantidades importantes de auga en pouco tempo.

En canto ao vento, xa non será tan forte, pero sí que puntualmente se poderá rexistrar algún refacho forte, de máis de 80 km/h especialmente en zonas altas, pero cabe resaltar que, neste momento, na tarde do Venres, aínda hai bastante incerteza sobre como evolucionará esa borrasca, pero nas últimas saídas estana modelizando con bastante potencia, polo que non hai que perdela de vista.

Tras este episodio, xa de cara a vindeira semana, semella que o aire frío quedaría pululando arredor da Península e o tempo non remataría de estabilizarse de todo, xa que, debido a tal cantidade de aire frío, formaríanse pequenas borrascas, erráticas no seu movemento e moi difíciles de modelizar con exactitude para os modelos. Pero, iso si, pinta a semana fría con nevaradas que poden ser de consideración das montañas

Iremos seguindo a última hora do que este temporal nos vaia deparando na nosa conta de Twitter e na páxina de Facebook.

Se este artículo che pareceu interesante, comparte!

No hay comentarios:

Publicar un comentario