viernes, 4 de noviembre de 2016

UNHA MASA DE AIRE FRÍO POLAR CHEGARÁ A ESPAÑA ESTA FIN DE SEMANA


Tras un final de Outubro e principio de Novembro cálido, con temperaturas que superaron os 25ºC en gran parte de Galicia, mesmo chegando a 30ºC nalgunhas zonas, semella que o tempo vai dar un cambio esta fin de semana, coa chegada dunha masa de aire frío polar que fará descender bruscamente os termómetros ata valores case case Invernais, pasaremos do "veroño" ao Inverno en tan só 2 días!
E é que se por algo se caracterizou o final de Outubro foi polas máximas moi cálidas para a época, rexistrándose temperaturas de ata 30ºC en moitas zonas da Península Ibérica, e con escasez de precipitacións, algo que non ven sendo moi normal para a época na que nos encontramos.

Pero, todo isto cambiará en cuestión de horas. O anticiclón das Azores comezará a querer "subir" de latitude e a verticalizarse, mentras que polo seu flanco leste, tal e como podemos ver na imaxe que encabeza este artículo, se colan as borrascas, canalizando un "pasillo" de vento de compoñente norte que arrastra unha masa de aire moi frío dende latitudes altas que, como xa comentamos, provocará un brusco descenso térmico, o cal notaremos máis debido ás altas temperaturas que vimos tendo días atrás.

A entrada fría é bastante considerable, e estos ventos de compoñente Norte, como é normal, chegan cargados de humidade á vertente Cantábrica. Co cal, cabe esperar a neve en cotas por riba dos 900/1000 metros. Na alta montaña poderanse ver espesores considerables, incluso algún modelo indica que na Cordilleira Cantábrica e en Pirineos se poderán ver máis de 40 cm de espesor, o cal non está nada mal  para ser a primeira entrada fría da tempada.

En Galicia semella que a cota rondará os 1000 metros entre o Domingo/Luns, pero como normalmente pasa nestos episodios, as precipitacións quedan especialmente restrinxidas á metade norte da comunidade, sendo as provincias de Coruña e Lugo as que rexistren maior cantidade de precipitación debido aos chuvascos máis persistentes e intensos, aínda que as últimas saídas dos modelos indican que o Domingo e o Luns poden entrar liñas de inestabilidade dende o norte que, en maior ou menor medida, afectarían a toda Galicia, neste caso xa veríamos máis neve nas montañas Galegas. Episodio a seguir ao instante sen dúbida.

Temperaturas previstas para a madrugada do Luns 7 de Novembro polo modelo GFS.

 Falamos da entrada fría e da neve, e agora toca falar das temperaturas que nos realmente sentiremos. As máximas experimentarán un brusco descenso, e ollo ás mínimas, especialmente de cara o Luns, xa que, como vedes na imaxe superior, poderíanse rexistrar valores realmente baixos no interior da comunidade. Estamos falando de temperaturas que poderían ser baixo cero en zonas onde o vento esté calmo e haxa moi pouca nebulosidade, polo tanto falaríamos xa de xeadas de consideración en puntos do interior Galego.

Fixádevos, ademáis, nos valores que se rexistrarían na meseta norte, baixo cero en case a súa totalidade. Valores tamén baixísimos nas zonas de alta montaña dos Pirineos, marcando temperaturas de ata -20ºC! Valores moi baixos que se verán acompañados de nevaradas, o episodio por alí pode ser realmente interesante.

En resumen, imos pasar de tempo case de Verán ao Inverno en tan só 2 días, con precipitacións, máis persistentes na metade Norte, ambiente moi frío e nevaradas que poden ser importantes nas zonas de alta montaña da Cordilleira Cantábrica e nos Pirineos.

Se queres estar informado da última hora do que nos vaia deparando este episodio de frío, síguenos en Twitter e Facebook!

Se o artículo che pareceu interesante, comparte! 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario