jueves, 22 de diciembre de 2016

COMO SERÁ O NADAL?

Tendencia según o modelo CFS (Climate Forecast System) para finais de 2016 e comezo de 2017

Durante os últimos días vimos comentando na nosa páxina de Facebook e tamén en Twitter as posibles tendencias que os modelos mostraban para estas vindeiras festas, e ata fai unha semana, case todos estaban dacordo en que a zona mais beneficiada polas precipitacións neste Nadal ía a ser o noroeste da Península Ibérica, incluída Galicia, pero nas últimas xornadas o panorama mudou completamente e agora practicamente todos os modelos sinalan que o panorama vai ser de absoluta estabilidade durante todo o período, debido ás altas presións polas que estaremos influenciados.

A composición coa que comezamos este artículo, mostra a tendencia prevista polo modelo CFS (Climate Forecast System) de cara o final de ano e principios de 2017. Se nos fixamos na imaxe da esquerda, a cal mostra a anomalía de presión en superficie, observamos unha gran anomalía de altas presións en centro Europa, isto o que nos quere dicir é que o anticiclón será a dominante nesa zona, pero, a pesar tan "lonxe", quedaremos influenciados por ese centro de altas presións, co que cabe agardar tempo solleiro, con frío e xeadas no interior polas noites, e moi pouca ou nada de auga.

O mapa da dereita, mostra a anomalía de precipitacións para este mesmo período. As cores amarelas/laranxas mostran menos auga, e as cores verdes, mais auga. Como vedes, as cores amarelas cadran coa influencia das altas presións en todo o interior do continente Europeo e tamén en puntos da Península, dentro dos cales se encontra Galicia, co cal agardamos moi pouquiña auga. Pola contra, o aporte de vento húmido de levante provocará algunhas precipitacións en zonas do Mar Mediterráneo, incluíndo puntos de España. 

 Tendencia prevista polo modelo ECMWF na semana do 26 de Decembro ao 1 de Xaneiro

Botamos agora unha ollada ao que nos mostra o modelo ECMWF nas tendencias semanais. Como vemos, moi semellante ao comentado anteriormente, na primeira metade do Nadal as temperaturas estarán no normal ou lixeiramente por riba da media, con valores que polo día non estarán nada mal pero polas noites como é normal refrescará e moito producíndose xeadas en moitos puntos da nosa xeografía. 

En canto ás precipitacións, como vedes, cores "cálidas" en gran parte do continente Europeo, mesmo unha das zonas con anomalía negativa mais destacada é o oeste de Galicia, polo que moi pouca auga se agarda. Ollo, que a anomalía sexa claramente negativa non significa que non poida chover, pero si indica que as precipitacións estarán claramente por debaixo do normal. Tamén, se vos fixades no Mediterráneo, hai moitas zonas que non están "pintadas" ou teñen lixeiras anomalías positivas, isto quere dicir que por alí o vento do leste húmido será o dominante e que aportará nubes a zonas mais favorables que mesmo deixarán algunhas chuvias.

Tendencia prevista polo modelo ECMWF na semana do 2 ao 8 de Xaneiro de 2016

Vamos xa coa 2ª metade do Nadal a ollos do ECMWF, e como vedes nas anomalías que se presentan na imaxe superior, nada cambia. Semella que ese anticiclón de bloqueo que se situará en CentroEuropa será bastante persistente e bloqueará ás borrascas que nunha situación normal nos afectarían con bastante chuvia e vento. 

En canto ás anomalías de temperatura vemos como no Norte do continente Europeo temos unha anomalía cálida bastante importante polo que por alí seguramente comezarán o ano con temperaturas por riba do normal. Xa se avanzamos cara o sur, na Península as temperaturas estarían no normal, agás algunhas zonas, pero xa estamos en prazos moi largos e estos pronósticos aínda están en fase experimental, pero si valen para saber qué tendencia é a máis probable.

Se miramos o mapa da dereita, de precipitacións, nada cambia con respecto á semana do 26 ao 1. Marcada anomalía seca no noroeste Peninsular e chuvias xa dentro do normal no Mediterráneo, polo que vendo isto cabe agardar que o vento de levante siga aportando humidade e sigan tendo precipitacións por esas zonas, pero xa de menos entidade das que tivemos días atrás. 

Polo tanto, teremos unhas festas marcadas polo tempo seco, solleiro, pero con noites frías como é normal nesta época do ano, polo menos na 1ª metade destas festas. Pero todo indica que comezaremos o ano tal e como remataremos 2016. Estaremos moi pendentes! 

Se este artículo che pareceu interesante, comparte! 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario