lunes, 6 de marzo de 2017

SEMANA MAIS ESTABLE CON TEMPERATURAS CÁLIDAS

Temperaturas a 850 hpa (1500 metros) previstas para o vindeiro Xoves 9 ás 00:00. Modelo ECMWF.

Vimos de rematar un episodio -efímero- de chuvia, frío e neve, que deixou nevaradas por riba dos 500/600 metros, e callando por riba dos 700 metros de altura, en xeral, e xa estamos a piques de comezar unha semana na que a estabilidade será a tónica predominante, con temperaturas que serán mais propias da Primavera.

Estos días, na nosa páxina de Facebook, xa viñemos comentando que estamos entrando nunha época de cambios bruscos en moi pouco tempo, mesmo en horas. Podemos pasar de ter unha situación de tempo moi agradable, con moito sol e temperaturas de mais de 20ºC, a un episodio de chuvia, neve e treboadas en pouco tempo. É o típico desta época!

Así pois, tralas chuvias destes últimos días, a dorsal anticiclónica collerá forza ao longo desta semana, deixando baixo os seus efectos a toda a Península. Este ascenso da dorsal, tamén impulsará unha masa de aire cálido, con valores de ata +15ºC a 1500 metros, sen dúbida números bastante altos para estar a primeiros de Marzo.

 Temperaturas previstas para o Xoves 9 de Marzo ás 15:00. Modelo GFS.

Así pois, as temperaturas irán subindo paulatinamente a medida que vaian pasando os días. Semella que as xornadas mais cálidas as teremos a mediados de semana, entre o Mércores e o Venres. Aí será cando as temperaturas máximas superen os 20ºC en gran parte de Galicia. Ademais, o vento do surleste será frouxo, o que incrementará a sensación de algo mais de "calor", aínda que, iso si, no litoral, as brisas encargaranse de refrescar mais o ambiente a partir das horas centrais do día. 

Aínda que no mapa superior non aparece, a metade sur será a que noite mais calor, como é normal. Os modelos insinúan temperaturas de mais de 25ºC en puntos do interior de Andalucía e de Murcia de cara o Xoves-Venres, mesmo ata ¡28ºC! nalgunhas zonas. Todo isto acompañado, claro, de tempo seco e con moi poucas nubes. Seguro que algúns agradecerán estos días tralas chuvias que tivemos a semana pasada. 

Polo tanto, temos por diante unha semana mais estable, con moi pouca auga e con temperaturas que tenderán á alza, acadando valores de mais de 20ºC a partir do Mércores en moitos puntos de Galicia, estamos en Marzo e a Primavera xa está chamando ás portas.


Se queres estar informado diariamente da última hora do que o tempo nos vaia presentando, pódesnos seguir en Twitter e tamén na páxina de Facebook.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario