jueves, 1 de junio de 2017

COMEZA XUÑO, COMO SERÁ?

Comezamos o mes no que lle damos a benvida ao Verán. Un mes no que temos os días mais longos e as noites mais curtas do ano. Vimos dun Maio marcado pola inestabilidade atmosférica en Galicia, os chuvascos e as treboadas foron protagonistas ao longo das semanas pasadas. Tal foi a intensidade dos trebóns, que na rede de detección de descargas eléctricas de MeteoGalicia (a cal está operativa dende finais de 2009), se batiu o récord de raios nun día, o Venres 26 caeron en territorio Galego nada mais e nada menos que 9562 raios!. 


Tamén, foi un mes moi variable, típicamente Primaveral. Antes do derradeiro episodio de treboadas, as temperaturas disparáronse, acadando valores que ben podían ser de pleno Verán. Unha masa de aire cálido impulsada polo centro de baixas presións que días despois nos afectaría, elevaba as temperaturas máximas ata mais de 39ºC (39,1ºC en Remuiño) no val do Miño Ourensán. En Ourense, bateuse o récord de temperatura máxima mais alta rexistrada para un mes de Maio, con 37,6ºC, a anterior marca databa do 29 de Maio de 2001 (37,4ºC).

Polo tanto, deixamos atrás un mes moi movido no ámbito meteorolóxico, e comezamos Xuño. Qué nos deparará? Vexamos o que nos conta o modelo CFS no seu pronóstico mensual.

A imaxe da esquerda, mostra as anomalías de precipitación prevista según dito modelo para Xuño. As cores verdes indican anomalías positivas, é dicir, mais auga do normal, mentras que nas rexións onde abondan as cores cálidas as chuvias estarán por debaixo do normal. Canto mais forte/escuro sexa a cor, mais importante será a anomalía. Nas zonas de branco non se agardan variacións importantes, precipitacións normais, polo tanto.

Na Península Ibérica temos a metade norte e centro pintada de cor verde, mais acentuado na vertente Cantábrica e tamén nos Pirineos. En Galicia temos un verde claro. Qué significa isto? Pois que na comunidade é posible que as precipitacións estén lixeiramente por riba da media, ao igual que no centro da Península, mentras que na vertente Cantábrica e nos Pirineos, esta anomalía é mais marcada, con precipitacións bastante por riba do normal. 

En canto ao resto do continente, no oeste de Europa, na vertente Atlántica vemos como moitos puntos están "pintados" de verde, mentras que no centro e leste abondan as cores mais cálidas. Isto fai pensar que é bastante probable que cheguen vaguadas (bolsas de aire frío en altura) dende o Atlántico que favorezan a convección (formación de treboadas) en gran parte do interior da Península e no oeste de Europa. Cabe resaltar que estos pronósticos estan en fase experimental, polo que non os hai que tomar ao pe da letra, é dicir, falamos de tendencias, non de que vaia pasar o que diga o modelo cunha exactitude moi precisa.

Pasemos agora ás temperaturas. As cores laranxas/vermellas indícannos que nesas zonas as temperaturas sexan mais altas do normal. De novo, canto mais acentuada sexa a cor, mais destacable será esa anomalía. As cores azúis/moradas indican unha tendencia mais fresca.

Na metade norte da Península Ibérica vemos como temos cores cálidas, polo que se agarda que as temperaturas estén en valores lixeiramente por riba do normal, así como en gran parte do oeste e centro do continente Europeo. Dorsal anticiclónica instalada no Mediterráneo enviando vento do sur/suroeste ao oeste de Europa? Irémolo vendo. 

Mentras, no leste do continente as temperaturas estarían claramente por debaixo da media.

Isto é o que mostran as tendencia para Xuño, temperaturas lixeiramente por riba do normal e precipitacións tamén algo por riba da media. Estaremos, por tanto, ante un mes marcado polo vento do suroeste, con moitas treboadas no interior e norte da Península?. Resaltar, de novo, que hai que tomar estos mapas como unha posible tendencia, de momento, teñen escasa fiabilidade, xa que están en fase experimental, pero sirven para darnos unha idea de como podería vir o mes. 

  Se queres estar informado diariamente da última hora do que o tempo nos vaia presentando, pódesnos seguir en Twitter e tamén na páxina de Facebook.

No hay comentarios:

Publicar un comentario