jueves, 5 de noviembre de 2015

TENDENCIA ESTABLE A MEDIO PRAZO

Situación prevista para o Martes 11 de Novembro

Mentras redacto este artículo, na rúa chove de xeito moderado e persistente. Esta é a tónica que estamos a ter en Galicia este Xoves, situación de ventos do Suroeste que proporcionan precipitacións moi abundantes á metade oeste da comunidade. Ata as 17:30 desta tarde acumuláronse  78,2 l/m2 en Cespón (A Coruña) e ata 73,6 l/m2 en Fornelos de Montes (Pontevedra), acumulados que non están nada mal, pero non é nada fora do normal en Galicia.

Pero, tal e como vedes na imaxe que encabeza este artículo, é que a situación atmosférica vaia tornando cara a estabilidade a medio/longo prazo, grazas a un Anticiclón que vai "nacer" na Península Ibérica e que nos trairá días bastante bos, con ausencia de chuvias e mesmo temperaturas que pasarán dos 20ºC en moitos puntos, o cal non está nada mal para estar en Novembro, o famoso Verán de San Martiño.

E é que unha rexión de altas presións bastante potente encargarase de protexernos das borrascas que normalmente nos afectan (ou máis ben as frontes asociadas a elas), as cales transcurrirán por latitudes máis altas, afectando ao Norte de Europa, onde terán o paso de continuas frontes de chuvia e ademáis bastante vento. Iso si, todo isto con temperaturas bastante suaves grazas á circulación de ventos do Oeste, vento de gran percorrido marítimo que se encarga de suavizar as temperaturas na fachada occidental Europea, pero, por contra, tamén é o que trae gran parte das precipitacións!

Canto durará este situación Anticiclónica?


Esa é a pregunta que todos nos facemos, xa que este tipo de Anticiclóns duran bastantes días, 10 xornadas mínimo, e, en casos extremos, ata 30!

Na imaxe superior observamos as anomalías a 500 hpa (5500 metros) previstas ata o día 18 polo modelo CFS (Climate Forecast System). Observamos,  unha clara anomalía positiva no entorno da Península Ibérica que corresponde co Anticiclón que imos ter, bloqueando o paso das borrascas e enviandoas a latitudes superiores dende o día 5 ata o 11. Pero tamén hai que matizar que no noroeste Peninsular (en Galicia), cabe a posibilidade que extremos de frontes ou frontes moi debilitadas deixen algunhas chuvias, en principio febles e de moi pouca importancia.

Xa no periodo que corresponde dende o día 12 ao 18, en principio seguiríamos coa mesma tónica, pero é posible que cunha rexión anticiclónica xa un chisco máis debilitada, pero con borrascas circulando por altas latitudes. Continuaríamos co tempo estable pero xa pode volver o vento do Oeste a algunhas zonas co que é posible que teñamos que falar de máis nubosidade e chuvias febles polo oeste da Península Ibérica, pero non hai nada seguro aínda.

Hai que resaltar que son mapas de anomalías, e que se hai unha anomalía positiva nunha zona concreta, non significa que non vaia chover, pero en principio as posibilidades de chuvia son baixas e, de cair algo, sería, en todo caso, moi feble.


Índice NAO.

Falando xa a longo prazo, sobre cando volveremos a ter unha situación de inestabilidade máis acusada, teremos que recurrir ao índice NAO (North Atlantic Oscillation), que básicamente indícanos a diferencia de presión atmosférica ao nivel do mar entre o Anticiclón das Azores e a borrasca de Islandia. Canto torna en valores positivos (tal e como acontecerá de forma inmediata), a diferencia de presión é moi grande, e tanto a borrasca de Islandia como o Anticiclón das Azores collen pulo. Qué quere dicirnos isto? Pois que, ao Anticiclón das Azores coller forza, gran parte de Europa se encontra baixo a súa influencia, aportándonos tempo seco, mentras que as borrascas circulan polas latitudes habituais, e dicir, polo Norte do continente Europeo.

No caso contrario, cando torna valores negativos, o Anticiclón das Azores e e a borrasca de Islandia perden forza e debilítanse, e a diferenza de presión entre esos dous elementos é moi pouca. Esta situación normalmente trae á nosa zona tempo moi húmido e inestable grazas á circulación de ventos do Oeste. As borrascas circulan por zonas máis baixas do que sería habitual e traen periodos bastante chuviosos a toda a fachada occidental Europea.

O gráfico que vemos unhas liñas máis arriba móstranos a variación deste índice dende o mes de Xullo. Como vedes, vai variando constantemente. Agora, como xa comentei, estaremos en valores moi positivos, pero como vedes experimentará un brusco descenso antes de comezar a segunda quincena de Novembro, podendo acadar valores xa negativos a partir de mediados de mes, polo que é posible que a partir de aí vexamos unha situación atmosférica bastante máis revolta.

E se xa analizaramos outro parámetro similar ao índice NAO, como pode ser o índice AO (Arctic Oscillation), que tamén mide a diferenza de presión, pero desta volta entre o Ártico e as latitudes medias, experimentará un ascenso e acadará valores moi positivos nos vindeiros días, para de cara a metade de mes volver a baixar de xeito brusco. De forma moi xeral, digamos que cando o índice AO se volve positivo non se producen intercambios de masas de aire (vaguadas), e canto está en negativo, todo o contrario, co cal se nos gusta o tempo chuvioso, temos que querer sempre que estos índices estén en valores negativos! 

Tamén hai que resaltar que pode chover sen que estos dous índices sexan negativos, pero normalmente grandes periodos de inestabilidade na Península Ibérica coinciden con valores destes índices negativos

En resumidas contas, a partir da fin de semana estaremos baixo a influencia das altas presións que nos agasallarán con moi pouca chuvia, e temperaturas bastante agradables durante o día, aínda que polas noites, como é normal a estas alturas, refrescará bastante podendo haber xeadas nalgúns puntos, con bancos de néboa en zonas de val grazas á humidade acumulada polas chuvias destes días.

Podes estar informado de todas as novidades que se vaian presentando no ámbito meteorolóxico por Twitter (@Redmeteop), e tamén por Facebook (Redmeteo)

Un saúdo a todos os lectores deste blog!



No hay comentarios:

Publicar un comentario