martes, 25 de octubre de 2016

TEMPO ESTABLE E CALOR OS PRÓXIMOS DÍAS


Tras uns días de inestabilidade, con chuvias xeneralizadas en toda a península e tempo fresco, nos que se rexistraron importantes cantidades de auga no oeste da comunidade Andaluza, superando, en moitos casos, os 60 l/m2 en moi pouco tempo, a partir de hoxe Martes iniciase unha importante subida das temperaturas que dará lugar a que os próximos días sintamos sensación de calor nas horas centráis do día.


Recordemos que, aínda que en Outubro nos de a sensación de que tería que ir máis frío, por ser o primeiro mes de Outono, cambio de hora, en realidade non é así, xa que, por exemplo, nalgunhas zonas, a media de máximas deste mes é máis alta que en Maio, como por exemplo na cidade de Pontevedra. É normal ter moita varibilidade nas temperaturas durante Outubro, xa que as diferentes masas de aire coménzanse a mover e da lugar a intercambios de aire bastante bruscos, podemos pasar de ter bastante frío a temperaturas de máis de 20ºC.

Aínda así, é certo que cada vez é máis frecuente que en Outubro se produzan importantes ascensos de aire cálido dende o sur, dando lugar a máximas bastante altas para a época en moitos puntos de España, podendo rexistrarse récords (non será este o caso). Aínda así, non é nada raro que durante este mes teñamos episodios cálidos

Temperaturas máximas previstas para o Venres 28 de Outubro. Modelo GFS

Como xa comentamos, esta advección de aire cálido dende o sur fará que os termómetros experimenten un importante ascenso das temperaturas, tal e como observamos no mapa superior, que nos mostra as temperaturas máximas previstas polo modelo GFS para o Venres. Como vedes, as temperaturas superarían os 25ºC en gran parte de Galicia, mesmo non se descarta que algunha zona rexistre 30ºC. Esta calor chegará ademáis con vento do Leste/Sureste, un vento moi seco que chegará quente tras atravesar gran parte da Península.

Pero non só será en Galicia, mirade as temperaturas que se pronostican para o interior de Portugal, aí si que se ve claramente como chegarán a superar os 30ºC, mesmo sobradamente nalgunhas zonas. Ademáis, moi probablemente este episodio de calor veña acompañado de algo de calima (polvo en suspensión), polo que a sensación será bastante mala.

-Por qué teremos esta calor?

Imaxe de satélite visible+topes nubosos. 16:00 da tarde do Martes.

É algo que acontece con bastante frecuencia, xa non só en Outubro, senon durante gran parte do ano. Se observamos na imaxe superior, na que vos mostro con uns detalles o movemento que fan as masas de aire arredor da borrasca, dita depresión que nos afectou durante días anteriores, móvese, como estaba previsto, cara o sur/suroeste, afectando directamente ás Illas Canarias, onde están en aviso por fortes chuvias.

Unha borrasca nesa posición fai que nos quedemos no lado ascendente, e aínda hai bastante reserva de calor por esas latitudes. Polo tanto, con compoñente sur, impulsa unha masa de aire cálido dende o continente Africano, acompañada, como xa comentamos, de polvo en suspensión, polo que ambiente será máis sucio.

Temos, polo tanto, varios días de tempo seco, con vento do sur e temperaturas que serán cálidas para a época do ano na que nos encontramos, con máximas por riba dos 25ºC en gran parte de Galicia. Iremos seguindo a última hora en Twitter e Facebook

No hay comentarios:

Publicar un comentario